O porto de Vilagarcía recibe hoxe a escala do cruceiro “Amadea”

O porto de Vilagarcía recibe hoxe a escala do cruceiro “Amadea”

O buque, con 461 pasaxeiros a bordo, arribou a Vilagarcía ás 13.00 horas e a súa saída está prevista para as 20.00 horas

El crucero "Amadea", atracado en el muelle de Ferrazo

O porto de Vilagarcía recibiu a escala do cruceiro “Amadea”. Desde as 13.00 horas aproximadamente, o buque –procedente de Lisboa- atópase amarrado no peirao de Ferrazo Norte, onde permanecerá ata as 20.00 horas, cando ten prevista a súa saída cara a Portsmouth. 

O “Amadea” é un cruceiro con bandeira de Gran Bahamas e case 193 metros de eslora, operado pola navieira “Phoenix Reisen”. A bordo viaxan un total de 461 pasaxeiros, na súa gran maioría de nacionalidade alemá,  e 321 tripulantes. Para facer máis cómoda a estancia en Vilagarcía dos pasaxeiros que permanezan na cidade, a Autoridade Portuaria pon á súa disposición un servizo lanzadeira que conecta o peirao coa Oficina Municipal de Turismo. 

O “Amadea” xa visitara anteriormente o noso porto, concretamente a súa última visita foi no ano 2022. Coa de hoxe son cinco as escalas de cruceiro que recibiu o porto neste ano. 

Porto de Vilagarcía, 2 de decembro de 2025.

 

 

Buque atracado en el muelle Comercial este

O Porto bate o seu récord de tráficos a peche do terceiro trimestre do ano, con máis de 1,1 millóns de toneladas

Mellóranse nun 0,5% os resultados do mesmo periodo do pasado exercicio

Participantes en la presentación que tuvo lugar en la Autoridad Portuaria de Vilagarcía

O porto de Vilagarcía organiza o XXVI campionato interportos de fútbol-sala

A competición disputarase entre este xoves e o sábado, coa participación de 25 equipos

Operativa portuaria en el muelle Comercial

O porto de Vilagarcía establece novos máximos de tráfico portuario no mes de xuño e no global do primeiro semestre do ano 

Rózanse as 164.000 toneladas de mercadoría movida no mes de xuño, mentres que a primeira metade do ano péchase con case 800.000 toneladas