Liñas Regulares

Líñas Regulares

O transporte de mercadoría contenerizada por vía marítima do Porto de Vilagarcía focalízase no roteiro atlántico que une Vilagarcía con Bilbao, Portugal e as Illas Canarias. Esta liña de contedores ofrece aos seus clientes dúas frecuencias semanais para o traslado dos seus produtos.

O titular da concesión da Terminal de contedores é a empresa Boluda Corporación Marítima, que desenvolve a súa actividade nos terreos creados tras a ampliación do peirao de Ferrazo.

A liña utilizada polo Porto de Vilagarcía conecta directamente a importantes portos nacionais tanto peninsulares como no arquipélago canario, entre os que destacan Bilbao, Vilagarcía de Arousa, Las Palmas de Gran Canaria e Santa Cruz de Tenerife. O deseño deste roteiro permite aos seus usuarios dispoñer dun completo abanico de posibilidades á hora de transportar as súas mercadorías cara a múltiples destinos en todo o mundo.

O Porto de Vilagarcía conta coa posibilidade do transporte intermodal ferroviario/marítimo, un roteiro que xa foi utilizada con moi bos resultados.

 

Outras líñas regulares

Tamén teñen a consideración de liñas regulares e servizo marítimo de curta distancia os seguintes servizos:

Taboleiro, que realizan buques da navieira Wave Shipping SL entre os portos de Flushing (Holanda)/ Drogheda (Irlanda)/ Birkenhead (Reino Unido) con Vilagarcía con periodicidade quincenal.

Aluminio, con servizos quincenais entre os portos de Sunndalsora (Noruega)/ Karmoy (Noruega)/Róterdan (Holanda) e Vilagarcía, realizada por buques da navieira Amasus Shipping SL.