Descargar documento
Descargar documento
Descargar documento
Descargar documento
Descargar documento
Descargar documento
A utilización do peirao-pantalán do Cavadelo, peirao de Pasaxeiros e peirao da illa de Sálvora está suxeita á obtención dunha autorización previa. Os supostos previstos son os seguintes:
1. Atracada puntual, mentres dura o desembarque ou embarque de pasaxeiros, por ano completo (desde o día 1 de xaneiro ata o día 3 1 de decembro) por viaxes turísticas locais ou excursións marítimas, incluíndo o desembarque e/o embarque de pasaxeiros:
a) Peirao da illa de Sálvora e uso polos pasaxeiros tanto do peirao como do camiño ao faro, segundo as condicións indicadas nos anexos I e II.
b) Peirao de Pasaxeiros ou no pantalán do Cavadelo e uso do peirao/pantalán, segundo as condicións indicadas nos anexos I e III.
2. Atracada no pantalán do Cavadelo e/ou pantaláns ou atraques do peirao de Pasaxeiros, por un período determinado solicitado previamente, e segundo un dos seguintes epígrafes:
c) Embarcacións de recreo e/oudeportivas, en actividades de natureza privada, que non dispoñan de atracada en Marina Vilagarcía por exceder a eslora ou manga máxima das atracadas dispoñibles na devandita instalación e que fose debidamente xustificado, segundo as condicións indicadas nos anexos I e IV.
d) Embarcacións de natureza comercial ou deportiva, que, solicitando permiso para algunha actividade comercial ou deportiva, soliciten tamén atracada ao amparo da devandita actividade, segundo as condicións indicadas nos anexos I e IV.
3. Atracada no peirao de Sálvora para o desembarque e/oU embarque de subministracións, maquinaria e/oU persoal por unha empresa cun contrato con algún organismo oficial con competencias na illa de Sálvora para o seu transporte, segundo as condicións indicadas nos anexos I e IV.
Para realizar a solicitude de autorización, a Autoridade Portuaria pón á súa disposición o seguinte formulario. Ao final do mesmo están dispoñibles os anexos mencionados.
A continuación, poñemos á súa disposición o impreso necesario para realizar a solicitude ou renovación de autorización para a prestación de servizos comerciais. A presentación desta solicitude deberá realizarse a través da sede electrónica da Autoridade Portuaria.
