Peiraos e terminais

Peiraos e terminais

Para o correcto desenvolvemento das operativas portuarias, o Porto de Vilagarcía dispón de diversas terminais con instalacións especiais enfocadas a un determinado tipo de tráfico.

Así, a ampliación do peirao de Ferrazo dedícase ao movemento de contedores, mentres que Ferrazo norte destínase tanto a contedores como a mercadoría xeral. Ambas as actividades desenvólvense na concesión outorgada a Boluda Maritime Terminals.

No peirao de Ferrazo atópanse as instalacións destinadas ao almacenamento de graneis líquidos que integran as concesións outorgadas a Industrias Químicas do Noroeste e Financeira Madeireira.

Na zona do peirao de ligazón – peirao de Comboa sitúase a concesión outorgada a Aceites Abril e destinada ao almacenamento de aceite para consumo humano, así como a terminal de graneis sólidos outorgada a Cementos Tudela Veguín.

Finalmente, no peirao Comercial sitúase a terminal de mercadoría xeral outorgada a García Reboredo Hnos.

O resto de peiraos e superficies anexas non concesionadas do recinto portuario son polivalentes, destinándose a diversos tráficos (aluminio, cuarzo, madeira, etc.) en función das necesidades operativas da Autoridade Portuaria e os seus clientes.

 

Plano terminais portuarias

 

Plano terminais concesionadas