Os portos son axentes crave no desenvolvemento económico dos territorios nos que se asentan e aos que prestan servizo. En España, de acordo con datos de Portos do Estado, preto do 60% das exportacións e o 85% das importacións pasan polos portos. Máis da metade do comercio español coa Unión Europea, e o 96% do relativo a terceiros países efectúase pola vía marítimo portuaria. O sector achega aproximadamente o 20% do PIB do sector do transporte, o que representa o 1,1% do PIB español.
A nosa misión e visión
A función pública e o compromiso coa sociedade dos portos ven reflectidos na misión da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, definida no seu plan estratéxico como “Converter á comunidade portuaria de Vilagarcía de Arousa no referente loxístico da conectividade exterior e desenvolvemento socioeconómico do seu hinterland en expansión, así como un axente crave no tráfico marítimo do noroeste peninsular”. Os elementos da visión aparecen tamén explicitados no plan estratéxico.
Por unha banda, están os relacionados co noso propósito, o “que” da misión:
- Incremento da actividade portuaria
- Converter ao Porto de Vilagarcía nunha plataforma loxística clave no noroeste da península
- A autoridade Portuaria como axente de desenvolvemento económico e social, e exemplo de colaboración publico privada.
E por outra, os relativos á maneira de alcanzar esas metas, o “como” da misión:
- Orientación á mellora continua, calidade total e eficiencia de xestión da AP
- Primar a Sustentabilidade ambiental da actividade Portuaria
En canto á visión da Autoridade Portuaria, esta formúlase como “ser recoñecida como unha autoridade portuaria que dá resposta aos retos e necesidades dos sectores produtivo e loxístico da súa área de influencia”.
Os nosos valores corporativos
A Autoridade Portuaria promove unha cultura corporativa que exerza un efecto disuasorio para calquera tipo de actividade fraudulenta e que faga posible a súa prevención e detección, e desenvolver uns procedementos que faciliten a investigación da fraude e dos delitos relacionados co mesmo. Neste sentido, en decembro de 2022 o Consello de Administración da Autoridade Portuaria aprobou o seu Plan de Medidas Antifraude.