Infraestructuras Google - Maps

Infraestructuras

O Porto de Vilagarcía conta con case 3.000 metros de atraque nos peiraos comerciais, con calados de ata 13 metros de profundidade.

O Porto de Vilagarcía conta con case 3.000 metros de atraque nos peiraos comerciais, con calados de ata 13 metros de profundidade. A súa superficie total ascende a 575.000 metros cadrados, dos cales o 42% (máis de 242.000 metros) corresponden a zonas de almacenamento, tanto abertas como pechadas, entre as que se atopan instalacións específicas para a elaboración e almacenamento de produtos refrixerados, principalmente peixe e marisco.

Entre as instalacións portuarias destaca o Posto de Control Fronterizo, servizo fundamental que alberga catro organismos de inspección diferentes: Sanidade Exterior, Sanidade Animal, SOIVRE (Servizo Oficial de Inspección, Vixilancia e Regulación das Exportacións) e Sanidade Vexetal nos seus 1.200 metros cadrados de superficie.

Para a Autoridade Portuaria de Vilagarcía a seguridade é un principio irrenunciable e para iso alberga tres instalacións básicas na súa zona portuaria: A subsede dos Bombeiros comarcais; o posto de Protección Civil e o Centro de Control, que permite supervisar os accesos e todas as operacións portuarias en tempo real.

Plano e características (PDF)