O Porto de Vilagarcía conta cunha privilexiada localización geoestratégica, no corazón do Eixo Atlántico galego, ao Noroeste da Península Ibérica, o que o converte nun nodo loxístico idóneo para servir de porta de entrada e saída de mercadorías cara a toda Europa. A súa localización destacada, na Ría de Arousa, permítelle dispoñer de excelentes comunicacións, que garanten un transporte rápido, seguro e efectivo de calquera tipo de mercadoría cara ao seu lugar de destino.