O Posto de Control Fronteirizo do Porto de Vilagarcía ( PCF) é un edificio funcional e moderno, que permite a realización de servizos de inspección para todo tipo de mercadorías. O PCF dispón de catro zonas de inspección ben diferenciadas, grazas a súa construción modular nunha única planta e cunha superficie de 1.245 metros cadrados. Os módulos de sanidade exterior, sanidade animal e sanidade vexetal, teñen dobre acceso á área de descarga para persoal auxiliar e inspector. O cuarto módulo é de SOIVRE.
Todos os organismos contan coa súa propia sala de inspección e con cámaras para o almacenamento da mercadoría inspeccionada. O edificio ten catro salgas, oito peiraos de descarga con zona anexa de temperatura controlada, 3 cámaras de conxelación, 3 cámaras de refrixeración e outras 3 de temperatura ambiente.
Existen catro tipos de homologacións distintas para as instalacións de inspección, todas elas en función do tipo de produto que se vaia a inspeccionar, e o PIF do Porto de Vilagarcía está autorizado para todas elas:
- PCF Posto de Control Fronteirizo. Para a inspección de animais vivos e produtos de orixe animal, consumo humano e non consumo humano. PE Puntos de Entrada ( PE) Tamén se inspeccionan produtos de orixe non animal para consumo animal.
- RAH Recinto Aduaneiro Habilitado. Para a inspección de produtos de orixe non animal consumo humano. Goma Guar ou alimentos que conteñan polo menos un 10% de goma guar da India (Regulamento de Execución (UE) 2015/175).
- PCF- fito Posto de Inspección Fronteirizo Fitosanitario. Para a inspección de produtos de orixe vexetal, consumo humano e non consumo humano.
- PDI Punto Designado de Importación. Para a inspección de produtos sometidos a especiais medidas de protección.