As excelentes condicións da Ría de Arousa para a navegación e os servizos ofertados fan posible a práctica da náutica deportiva continuada durante os 365 días do ano.
As instalacións do Porto de Vilagarcía dedicadas á náutica de recreo están xestionadas por Marina Vilagarcía. O porto deportivo dispón actualmente de 435 amarres, situados na dársena número 1, unha zona privilexiada e totalmente integrada no centro urbano, concretamente entre o peirao de O Ramal e o de Pasaxeiros.