Axudas á Navegación

Axudas á Navegación

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía ten baixo a súa competencia a xestión da infraestrutura de axuda á navegación nas rías de Arousa e de Muros-Noia. O accidentado do litoral sobre o que se estende a competencia do porto arousán explica o elevado número de axudas necesarias para garantir a seguridade na navegación.

Plano de balizamento

Relación de Faros e Balizas

Ademais destas axudas á navegación, nas citadas rías existen outros sinais marítimos dependentes de Portos de Galicia, principalmente para a sinalización de polígonos de bateas e peiraos de titularidade autonómica.
 

Usos complementarios

O Puerto de Vilagarcía traballa para a modernización e posta en valor deste equipamento, ademais de posibilitar a apertura a usos complementarios daqueles espazos dos faros que non son necesarios para a súa función principal como sinal marítimo. Dous dos faros xestionados polo porto arousán acollen na actualidade usos complementarios: o de punta Cabalo, en Illa de Arousa, alberga un establecemento de restauración, mentres que no de Punta Insua (Lariño, Carnota) foi renovado e acondicionado, acollendo actualmente un hotel con nove habitacións e un espazo gastronómico nunha antiga construción auxiliar ao faro. 

Con este tipo de iniciativas, perséguese que os espazos complementarios do faro –é dicir, aqueles que non son estritamente necesarios para a súa función como axuda á navegación- poidan actuar como elemento dinamizador, desde o punto de vista turístico, da súa contorna, axudando á divulgación dos valores arquitectónicos, históricos e paisaxísticos da propia construción e do espazo natural no que se sitúa, e servindo como polo de atracción ao redor do cal pode articularse unha oferta de lecer e turismo novidosa, sostible e con características singulares.