O porto de Vilagarcía establece novos máximos de tráfico portuario no mes de xuño e no global do primeiro semestre do ano 

O porto de Vilagarcía establece novos máximos de tráfico portuario no mes de xuño e no global do primeiro semestre do ano 

Rózanse as 164.000 toneladas de mercadoría movida no mes de xuño, mentres que a primeira metade do ano péchase con case 800.000 toneladas 

O Porto de Vilagarcía pechou un primeiro semestre do ano con resultados históricos nos tráficos portuarios, que rozan as 800.000 toneladas para ese período. O incremento porcentual con respecto ao ano 2022 é do 2,46%. 

O total de toneladas de tráfico portuario para o período xaneiro-xuño ascende a 794.850, máis de 19.000 toneladas por encima do que, ata a data, era o récord de tráfico portuario para a primeira metade do ano, establecido o pasado exercicio con 775.739 toneladas. Unha mostra da importancia deste dato é que con anterioridade só dúas veces o porto arousán había rexistrado máis de 700.000 toneladas de tráfico portuario no primeiro semestre dun exercicio, e unicamente noutras dúas ocasións, máis de 600.000 toneladas. 

Nestes excelentes resultados do semestre tivo gran importancia a achega do último mes, no que o porto arousán establece un novo máximo mensual de movemento de mercadorías. É a quinta ocasión nos dous últimos exercicios na que o porto bate o seu récord mensual de tráficos portuarios: ocorreu en xuño, xullo e outubro do pasado ano, en abril deste ano e agora novamente en xuño. O total de tráficos portuarios neste mes de xuño ascendeu a 164.646 toneladas, seis mil toneladas máis que o anterior máximo mensual. 

No balance semestral de tráficos destaca principalmente o incremento na categoría de graneis sólidos, onde coa excepción da urea –que presenta rexistros similares aos de 2022- todos os demais produtos ven melloradas as súas cifras, sendo os dos cereais e as mercadorías agrupadas baixo a denominación “outros graneis sólidos” os crecementos máis importantes. 

O total de toneladas contabilizadas na categoría de graneis sólidos nos seis primeiros meses do ano aproxímase ás 300.000, cun incremento porcentual de máis do 70% con relación ao pasado ano. Trátase da mellor cifra para a primeira metade do ano nesta categoría desde o ano 2006.

Os graneis líquidos pola súa banda pechan o semestre por baixo dos seus rexistros do pasado ano. As positivas cifras do tráfico de aceite (produtos que achega maior número de toneladas nesta categoría) non son suficiente para compensar os descensos noutras mercadorías incluídas neste epígrafe. O total de graneis líquidos movidos no semestre foi de 139.576. 

Finalmente, a mercadoría xeral mantense á cabeza na repartición de tráficos portuarios por categorías. No semestre movéronse máis de 350.000 toneladas de mercadorías incluídas nesta categoría, cos contedores, o taboleiro e o aluminio como produtos máis destacados, por número de toneladas movidas. As 353.421 toneladas de mercadoría xeral contabilizadas no período xaneiro-xuño supoñen o terceiro mellor resultado da serie histórica, só por detrás dos dous exercicios inmediatamente anteriores. 

O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, apunta que “as cifras son reflexo do excelente labor desenvolvido por toda a comunidade portuaria na captación e consolidación de tráficos”, e destaca que sen a contribución dos diferentes axentes presentes no porto, estes resultados non serían posibles. 

Porto de Vilagarcía, 20 de xullo de 2023..   

O porto de Vilaxoán acolle este domingo a décimo sexta edición da bandeira de bateis Porto de Vilagarcía

A proba, na que participarán uns 500 deportistas, foi presentada esta mañá nas instalacións da Autoridade Portuaria de Vilagarcía

Operativas en el muelle Comercial

O Porto de Vilagarcía pecha o mellor exercicio da súa historia e fixa un record de tráfico portuario ao mover 1.552.474 toneladas en 2023

Na comparación con 2022, o peche de 2023 amosa un aumento en total de tráfico portuario de aproximadamente 55.000 toneladas, o que equivale a un incremento porcentual do 3,6%. 

Vista del muelle Comercial desde O Centenario

O Porto supera os 1,5 millóns de toneladas e pechará o  ano cun novo récord de tráficos portuarios

Os bos resultados de decembro permitirán mellorar os registros de 2022