O desenvolvemento de actividades de iniciativa privada de carácter comercial, industrial ou de servizo público no dominio público portuario require da solicitude e outorgamento das correspondentes autorizacións e concesións, tal e como se establece na lexislación vixente.
As taxas para abonar polos titulares dunha concesión ou autorización en concepto de ocupación do dominio público portuario calcúlanse tendo en conta a valoración dos terreos sobre base a criterios de mercado, de conformidade co establecido no artigo 175 da Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante. O procedemento para a aprobación desta valoración recóllese no artigo 177 da mesma lei.
A vixente valoración dos terreos e lámina de auga da zona de servizo do porto de Vilagarcía de Arousa e terreos afectados a axudas á navegación aprobouse por Orde FOM/817/2015, do 13 de abril, publicándose posteriormente no BOE.
A continuación, poñemos á súa disposición os impresos necesarios para realizar unha nova solicitude de autorización, concesión ou permiso e detalle da documentación requirida para a súa tramitación. A presentación destas solicitudes deberá realizarse a través da sede electrónica da Autoridade Portuaria.
Están suxeitos a autorización
A utilización de instalacións portuarias fixas polos buques, as mercadorías e a pasaxe, que se rexe polo Regulamento de Explotación e Policía e as correspondentes Ordenanzas Portuarias.
A ocupación do dominio público portuario con bens mobles ou instalacións desmontables ou sen eles por un prazo non superior a tres anos.
Están suxeitos a concesión
A ocupación do dominio público portuario, con obras ou instalacións non desmontables ou usos por un prazo superior a tres anos.
Só poderán outorgarse concesións para obras, instalacións ou usos que se axusten ás determinacións establecidas na Delimitación dos Espazos e Usos Portuarios.
Están suxeitos a permisos
Regatas e probas náutico-deportivas.