Novas

Rueda de prensa de presentación de las banderas

Os bateis teñen esta fin de semana unha cita en Vilagarcía coa disputa das primeiras probas da tempada na provincia: trátase da bandeira “Porto Vilagarcía”, que alcanza a súa edición número 18, e a bandeira “Conservas Orbe”, que se estrea no calendario. Os dous eventos foron presentados esta mañá nun acto celebrado na Autoridade Portuaria de…

Buque portacontenedores en el puerto de Vilagarcía

O Porto de Vilagarcía acaba de pechar o segundo mellor exercicio da súa historia, cun tráfico portuario de1.547.965 toneladas en 2025, só 5.000 toneladas por baixo do seu récord, establecido en 2023. Con relación ao pasado ano, o incremento de tráficos portuarios foi do 9,4%, grazas sobre todo aos incrementos nas categorías de graneis líquidos…

Los miembros dle Consejo, al comienzo de la sesión

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía pechou o mes de novembro superando xa a súa cifra de tráficos portuarios do pasado exercicio. O movemento de mercadorías acumulado nos once primeiros meses do ano ascendeu a 1.421.075 toneladas, mentres que o ano 2024 pechouse cun tráfico total de 1.409.823 toneladas. O presidente da Autoridade Portuaria,…

El crucero Amadea, atracado en el muelle de Ferrazo

O porto de Vilagarcía recibiu a escala do cruceiro “Amadea”. Desde as 13.00 horas aproximadamente, o buque –procedente de Lisboa- atópase amarrado no peirao de Ferrazo Norte, onde permanecerá ata as 20.00 horas, cando ten prevista a súa saída cara a Portsmouth. 

O “Amadea” é un cruceiro con bandeira de Gran Bahamas e case 193 metros…

la Conselleira do mar reunida con presidente y directora de la Autoridad Portuaria de Vilagarcía

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, realizou hoxe a súa primeira visita institucional á Autoridade Portuaria de Vilagarcía, dentro da rolda de reunións que está a manter cos máximos responsables das autoridades portuarias da nosa comunidade. Villaverde destacou a importancia deste tipo de encontros, xa que serven para consolidar as liñas de…

Buque Doctor Pintado

Resolución do presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía pola que se declara deserto o procedemento de alleamento mediante pública poxa do buque tipo remolcador con nome Doctor Pintado e se inicia o procedemento para o seu alleamento por adxudicación directa

El remolcador Doctor Pintado

Resolución do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa do 31 de xullo de 2025, pola que se acordou declarar abandonado o buque tipo remolcador con nome Doutor Pintado e aprobouse o Prego de bases que rexerá o seu alleamento.