O porto de Vilagarcía recibe hoxe ao cruceiro “Island Sky”
O buque atracou no peirao de Ferrazo ás 14.30 horas procedente de Ponta Delgada, e partirá ás 19.00 horas con destino A Coruña
O porto de Vilagarcía recibe hoxe o primeiro cruceiro desta tempada. Trátase do Island Sky, un habitual dos peiraos arousáns xa que nos visitou con regularidade nos últimos anos. O buque, da navieira Nobre Caledonia, está a realizar un itinerario entre os Azores e as Illas Británicas.
A chegada ao porto de Vilagarcía do Island Sky tivo lugar ás 14.30 horas, procedente de Ponta Delgada, no arquipélago dos Azores. Durante a súa estancia en Vilagarcía, a pasaxe terá ocasión de descubrir a riqueza paisaxística e patrimonial da nosa comarca. Ás 19.00 horas está previsto que o buque -–con bandeira de Gran Bahamas e 90 metros de eslora- efectúe a súa saída con destino A Coruña.
Como é habitual, a Autoridade Portuaria pon ao dispor de tripulación e pasaxe un servizo lanzadeira entre o peirao e o centro urbano, a fin de facer máis cómoda a súa estancia en Vilagarcía.
Porto de Vilagarcía, 12 de maio de 2025.
A Autoridade Portuaria adxudica a COVSA a obra de pavimentación no peirao de Ferrazo Norte
A actuación dotará á zona dunhas condicións idóneas para as operativas portuarias que teñen lugar nesa área
A terminal de contedores de Boluda no porto de Vilagarcía experimenta o mellor xuño da súa historia por número de TEUS movidos
No acumulado do primeiro semestre do ano mellóranse as cifras tanto en TEUS (+2,6%) como en toneladas (+5,4%) con respecto ao pasado exercicio.
O mellor mes da súa historia, con case 160.000 toneladas movidas, permite ao porto pechar o semestre cunha subida de tráficos do 7,5%
En total, nos seis primeiros meses do ano movéronse 760.000 toneladas de mercadoría, fronte a 707.000 do pasado ano
Pagination
- Previous page
- Page 3
- Páxina Seguinte
