O porto de Vilagarcía recibe hoxe a escala do cruceiro “Amadea”
O buque, con 461 pasaxeiros a bordo, arribou a Vilagarcía ás 13.00 horas e a súa saída está prevista para as 20.00 horas
O porto de Vilagarcía recibiu a escala do cruceiro “Amadea”. Desde as 13.00 horas aproximadamente, o buque –procedente de Lisboa- atópase amarrado no peirao de Ferrazo Norte, onde permanecerá ata as 20.00 horas, cando ten prevista a súa saída cara a Portsmouth.
O “Amadea” é un cruceiro con bandeira de Gran Bahamas e case 193 metros de eslora, operado pola navieira “Phoenix Reisen”. A bordo viaxan un total de 461 pasaxeiros, na súa gran maioría de nacionalidade alemá, e 321 tripulantes. Para facer máis cómoda a estancia en Vilagarcía dos pasaxeiros que permanezan na cidade, a Autoridade Portuaria pon á súa disposición un servizo lanzadeira que conecta o peirao coa Oficina Municipal de Turismo.
O “Amadea” xa visitara anteriormente o noso porto, concretamente a súa última visita foi no ano 2022. Coa de hoxe son cinco as escalas de cruceiro que recibiu o porto neste ano.
Porto de Vilagarcía, 2 de decembro de 2025.
A Autoridade Portuaria saca a licitación a elaboración do seu plan estratétxico para eoperiodo 2027-2037
O servizo contratado abarcará desde a fase inicial de planificación e organización dos traballos, ata a aceptación por parte da Autoridade Portuaria de Vilagarcía dos estudos e entregables esixidos no contrato.
A Autoridade Portuaria anuncia a convocatoria do concurso público para o outorgamento dunha concesión con destino á explotación da edificación do faro de Punta Cabalo
O destino da concesión é o desenvolvemento de actividades de restauración no faro de Punta Cabalo e a súa superficie anexa, no municipio da Illa de Arousa
O porto pecha o mellor primeiro trimestre do ano da súa historia cun movemento de case 400.000 toneladas de mercancía
O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, destacou que estes resultados son un éxito de toda a comunidade portuaria
Pagination
- Page 1
- Páxina Seguinte
