O porto de Vilagarcía supera xa os seus tráficos de 2024 a falta dun mes para pechar o ano

O porto de Vilagarcía supera xa os seus tráficos de 2024 a falta dun mes para pechar o ano

Todo apunta a que se conseguirá pasar novamente a cifra de 1,5 millóns de toneladas de mercadoría á conclusión do exercicio

Los miembros dle Consejo, al comienzo de la sesión

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía pechou o mes de novembro superando xa a súa cifra de tráficos portuarios do pasado exercicio. O movemento de mercadorías acumulado nos once primeiros meses do ano ascendeu a 1.421.075 toneladas, mentres que o ano 2024 pechouse cun tráfico total de 1.409.823 toneladas. O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, deu traslado deste balance provisional de tráficos aos membros do Consello de Administración da Autoridade Portuaria na sesión celebrada esta mañá. A falta dun mes para acabar o ano 2025, “parece claro que superaremos novamente a cifra de 1,5 millóns de toneladas movidas a peche do exercicio”, apuntou Cores Tourís. 

Por categorías, mantense a tónica que vén caracterizando o exercicio desde o seu comezo: unha subida destacable nas categorías de mercadoría xeral e sobre todo, dos graneis líquidos; e unha lixeira caída nos graneis sólidos. 

Na categoría de mercadoría xeral, movéronse ata o 30 de novembro 747.017 toneladas, das cales 282.303 corresponden aos contedores. É moi destacable o bo comportamento da mercadoría contenerizada, xa que se contabilizan provisionalmente, a peche de novembro, un total de 34.147 TEUs movidos, o que supón un incremento porcentual de máis do 15% con relación ao ano anterior, e a mellor cifra no acumulado dos 11 primeiros meses do ano desde o 2019. 

Nesta categoría destacan tamén as cifras da primeira liña Ro-Ro do noso porto. Trátase dun servizo semanal que conecta Vilagarcía con Róterdam e que achega máis de 140.000 toneladas á estatística portuaria en só seis meses, xa que comezou a funcionar a finais de maio. O aluminio é o principal produto movido a través deste servizo Ro-ro.

En canto a outros produtos encadrados nesta categoría de mercadoría xeral, o taboleiro –producido en Galicia e exportado desde Vilagarcía a varios destinos europeos- atópase en cifras moi similares ás do mesmo período do pasado ano. 

Nos graneis sólidos movéronse 356.115 toneladas, un 6,6 % menos que no mesmo período do pasado ano. Nesta categoría soben tanto o cemento (72.896 toneladas, + 9,87 %) como os produtos encadrados baixo o epígrafe “outros graneis sólidos”, que achegan 37.386 toneladas, fronte ás 8.584 toneladas do mesmo período do ano pasado. Pola contra, descenderon os tráficos de urea, cuarzo  e cereais, aínda que este produto mantense á cabeza na desagregación de mercadorías desta categoría, con máis de 100.000 toneladas. 

Finalmente na categoría de graneis líquidos contabilízanse un total de 317.943 toneladas, cun incremento do 30% con relación ao mesmo período do pasado ano. Todos os produtos encadrados nesta categoría, coa excepción da parafina, melloran os seus rexistros con relación a 2024, e o aceite, primeiro produto neste apartado por número de toneladas movidas, roza xa o total de tráficos co que pechou o pasado exercicio.  

Na distribución de tráficos portuarios, a mercadoría xeral supón ata novembro o 52,6% de todo o movemento de mercadorías do porto de Vilagarcía; os graneis sólidos representan un 25% do total, e os graneis líquidos, o 22,4%. Con relación ao ano pasado, a mercadoría xeral continúa representando máis da metade de todos os tráficos portuarios, pero aumenta lixeiramente o peso dos graneis líquidos nesta distribución, mentres que diminúe o dos graneis sólidos. 

Por outra banda, os membros do Consello aprobaron na sesión desta mañá o proxecto de Plan de Empresa da Autoridade Portuaria para 2026, que inclúe o plan de investimentos para os próximos anos así como os coeficientes correctores das taxas portuarias, entre outros apartados. 

Igualmente, o Consello deu o seu visto e prace a unha prórroga no prazo de execución da obra do ferrocarril a Ferrazo, fase 3. Coa ampliación do prazo,  os traballos deberán estar terminados en xuño do próximo ano. 

Porto de Vilagarcía, 3 de decembro de 2025.

 

 

Buque portacontenedores en el puerto de Vilagarcía

O Porto de Vilagarcía roza a peche do exercicio o seu récord histórico de movemento de mercadorías e supera os 1,5 millóns de toneladas

O tráfico portuario total ascendeu a 1.547.965 toneladas, o que supón un incremento do 9,4% con relación ao ano 2024. Destacan as subidas nas categorías de mercadoríía xeral e graneis líquidos.

Los miembros dle Consejo, al comienzo de la sesión

O porto de Vilagarcía supera xa os seus tráficos de 2024 a falta dun mes para pechar o ano

Todo apunta a que se conseguirá pasar novamente a cifra de 1,5 millóns de toneladas de mercadoría á conclusión do exercicio

El crucero Amadea, atracado en el muelle de Ferrazo

O porto de Vilagarcía recibe hoxe a escala do cruceiro “Amadea”

O buque, con 461 pasaxeiros a bordo, arribou a Vilagarcía ás 13.00 horas e a súa saída está prevista para as 20.00 horas