O porto recibe a escala do “Hebridean Sky”, o primeiro dos dous cruceiros previstos para setembro

O porto recibe a escala do “Hebridean Sky”, o primeiro dos dous cruceiros previstos para setembro

A bordo do buque, pertencente á navieira Noble Caledonia, viaxan 84 pasaxeiros –na súa meirande parte, de nacionalidade británica- e 71 tripulantes

Escala del "Hebridean Sky" en el puerto de Vilagarcía

 O “Hebridean Sky” é un buque de 90 metros de eslora e bandeira de Bahamas. A súa chegada a Vilagarcía produciuse pouco despois das nove da mañá, , procedente da Coruña, mentres que a súa saída está programada ás 21.00 horas, con destino Leixoes. A súa escala no porto de Vilagarcía está consignada por García Reboredo Hnos.

Coa escala do “Hebridean Sky” o porto arousán retoma a actividade de cruceiros nesta segunda metade da tempada 2022, que comezou en maio coa chegada dos buques “Amadea” e “Sexa Cloud Spirit”. Para o mes de outubro están programadas outras dúas escalas.

O peirao de atracada para o “Hebridean Sky” será Ferrazo Norte. Para facer máis agradable a estancia en Vilagarcía, a Autoridade Portuaria puxo ao dispor dos visitantes un servizo lanzadeira gratuíto entre o peirao e centro urbano, prestado polo tren turístico. Tamén se instalou a pé de peirao un punto de atención ao visitante atendido por persoal da Autoridade Portuaria.

O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, sinala que “a promoción do porto de Vilagarcía como escala para cruceiros de pequeno e mediano tamaño é un dos piares do noso labor comercial, polos beneficios que a chegada destes buques ten para a hostalería e o comercio de Vilagarcía e o resto da comarca e tamén pola súa importancia para a desestacionalización do turismo en Arousa”.

Porto de Vilagarcía, 7 de setembro de 2022. 

Los miembros del Consejo, al comienzo de la sesión

El incremento de tráficos en febrero permite al puerto arousano recortar distancias con respecto a sus registros de 2022

Os datos foron presentados polo presidente na sesión do Consello de Administración celebrada esta mañá

Presidente y alcalde, en la firma de la compraventa de la parcela

Presidente de Autoridade Portuaria e alcalde asinan a compravenda da parcela da antiga Comandancia

Tourís apuntou que a Autoridade Portuaria está disposta a seguir colaborando con iniciativas e proxectos que redunden en beneficio de Vilagarcía e os vilagarciáns

Los miembros del Consejo, al comienzo de la sesión

A Autoridade Portuaria formaliza a venda da parcela da Comandancia ao Concello e aproba a firma dun convenio con Turismo de Galicia

O órgano de goberno da Autoridade Portuaria tamén aprobou o Plan de Empresa 2023