Presidente de Autoridade Portuaria e alcalde asinan a compravenda da parcela da antiga Comandancia
Tourís apuntou que a Autoridade Portuaria está disposta a seguir colaborando con iniciativas e proxectos que redunden en beneficio de Vilagarcía e os vilagarciáns
Desde esta mañá, a parcela da antiga Comandancia de Mariña de Vilagarcía deixou de ser titularidade da Autoridade Portuaria de Vilagarcía para pasar a ser propiedade do Concello. Os representantes de ambas as institucións asinaron hoxe a compravenda da parcela, que acollerá o futuro centro de saúde de Vilagarcía.
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria dera este mesmo mércores o último paso na tramitación para posibilitar a venda da parcela á administración local. O procedemento completouse en pouco máis dun ano, segundo destacaron presidente e alcalde na rolda de prensa que ofreceron con posterioridade a esta firma. A parcela, dunha superficie de máis de 4.500 metros cadrados, foi adquirida polo Concello de Vilagarcía por un prezo de 1.157.406,76 €.
O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, lembrou que a orixe desta operación é un acordo a tres bandas entre Concello, Autoridade Portuaria e a Consellería de Sanidade, xa que a parcela, unha vez demolida a antiga Comandancia por parte do Concello, será cedida á administración autonómica para a construción do novo centro de saúde.
Tourís sinalou que o feito da que Xunta de Galicia proxectase a realización dun importante investimento en Vilagarcía para a dotación deste equipamento sanitario serviu de aliciente para as dúas administracións esforzásense en chegar a un acordo satisfactorio para ambas as partes, a fin de poder facilitar á Consellería de Sanidade uns terreos adecuados para este fin.
Pola súa banda o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, apuntou que a parcela é “idónea” para a construción dun centro de saúde e lembrou que a opción da súa adquisición é menos gravosa para as arcas municipais que a da concesión, que foi a fórmula pola que inicialmente se posibilitou -como solución transitoria- que eses terreos puidesen ser xestionados polo Concello de Vilagarcía. Igualmente, Varela apuntou ao “bo entendemento” entre o Concello de Vilagarcía e a Autoridade Portuaria como un das claves deste acordo, cuxa materialización se produciu nun prazo inferior ao inicialmente estimado.
Porto de Vilagarcía, 30 de decembro de 2022
O porto pecha o mellor primeiro trimestre do ano da súa historia cun movemento de case 400.000 toneladas de mercancía
O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, destacou que estes resultados son un éxito de toda a comunidade portuaria
O porto destina 1,4 millóns de euros á pavimentación do peirao do Ramal para mellorar a súa operatividade e seguridade
O Consello aprobou na súa sesión de hoxe o expediente de contratación e apertura del procedemento de adxudicación desta obra. Tamén se deu conta do balance provisional de tráficos do primeiro trimestre
A bandeira Porto Vilagarcía abre o sábado a tempada de bateis
O domingo disputarase, no mesmo escenario do porto de Vilaxoán, a primeira bandeira Conservas Orbe, patrocinada por esta firma galega
Pagination
- Page 1
- Páxina Seguinte
