O Porto de Vilagarcía mantén a súa operatividade e implementa medidas de apoio á comunidade portuaria
O Porto de Vilagarcía mantén a súa operatividade ao servizo da cidadanía e de toda a sociedade. Os portos de Interese Xeral do Estado son infraestruturas estratéxicas garantes do funcionamento de servizos que se definen como esenciais.
O Porto de Vilagarcía mantén a súa operatividade ao servizo da cidadanía e de toda a sociedade. Os portos de Interese Xeral do Estado son infraestruturas estratéxicas garantes do funcionamento de servizos que se definen como esenciais e por tanto deben seguir operando, garantindo a subministración e facilitando o fluxo da mercadoría neles.
A presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, apunta que “a importancia dos portos dentro das cadeas loxísticas é, se cabe, maior hoxe que nunca, e grazas ao esforzo continuo e coordinado do persoal da Autoridade Portuaria, prestadores de servizos portuarios e operadores portuarios, podemos seguir desempeñando eficazmente un labor esencial para a sociedade”, nunhas circunstancias nas que a axilidade e a eficiencia das cadeas loxísticas cobra especial relevancia.
As operativas de buques de carga están a desenvolverse con normalidade, con todos os peiraos plenamente operativos. No mes de marzo, e comparado co período 1-31 de marzo do pasado ano, o balance provisional de tráficos apunta a unha diminución de tráficos portuarios da orde do 10%. Nos principais enclaves do sistema portuario por volume de tráficos, esta redución foi da contorna do 25%.
Por outra banda, a Autoridade Portuaria está a implementar todas as medidas legalmente previstas para favorecer a continuidade da actividade dos operadores concorrentes nos portos, paliando os efectos negativos imputables á crise sanitaria do COVID-19. Entre estas medidas atópase facilitar o aprazamento de pagos de taxas portuarias ou a redución temporal da exigibilidad de tráficos mínimos.
O porto de Vilagarcía recibe hoxe a escala do cruceiro “Amadea”
O buque, con 461 pasaxeiros a bordo, arribou a Vilagarcía ás 13.00 horas e a súa saída está prevista para as 20.00 horas
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visita a Autoridade Portuaria de Vilagarcía
O encontro enmárcase na rolda de reunións que a titular da carteira de Mar está a realizar cos máximos responsables das diferentes Autoridades Portuarias
Alleamento mediante adxudicación directa do buque Doctor Pintado
Resolución do presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía pola que se inicia o procedemento para o alleamento por adxudicación directa do buque Doctor Pintado
Pagination
- Previous page
- Page 3
- Páxina Seguinte
