Os portos son axentes crave no desenvolvemento económico dos territorios nos que se asentan e aos que prestan servizo. En España, de acordo con datos de Portos do Estado, preto do 60% das exportacións e o 85% das importacións pasan polos portos. Máis da metade do comercio español coa Unión Europea, e o 96% do relativo a terceiros países efectúase pola vía marítimo portuaria. O sector achega aproximadamente o 20% do PIB do sector do transporte, o que representa o 1,1% do PIB español.
Nuestra misión y visión
A función pública e o compromiso coa sociedade dos portos ven reflectidos na misión da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, definida no seu plan estratéxico como “Converter á comunidade portuaria de Vilagarcía de Arousa no referente loxístico da conectividade exterior e desenvolvemento socioeconómico do seu hinterland en expansión, así como un axente crave no tráfico marítimo do noroeste peninsular”. Os elementos da visión aparecen tamén explicitados no plan estratéxico.
Por unha banda, están os relacionados co noso propósito, o “que” da misión:
- Incremento da actividade portuaria
- Converter ao Porto de Vilagarcía nunha plataforma loxística clave no noroeste da península
- A autoridade Portuaria como axente de desenvolvemento económico e social, e exemplo de colaboración publico privada.
E por outra, os relativos á maneira de alcanzar esas metas, o “como” da misión:
- Orientación á mellora continua, calidade total e eficiencia de xestión da AP
- Primar a Sustentabilidade ambiental da actividade Portuaria
En canto á visión da Autoridade Portuaria, esta formúlase como “ser recoñecida como unha autoridade portuaria que dá resposta aos retos e necesidades dos sectores produtivo e loxístico da súa área de influencia”.
Os nosos valores corporativos
A Autoridade Portuaria promove uns principios éticos e profesionais que ven reflectidos nas súas actitudes e informan as súas accións, tanto cara á exterior -comunidade portuaria, clientes e usuarios, e a sociedade en xeral- como cara aos interior -órganos de goberno e traballadores da propia Autoridade Portuaria-. Estes principios son transversais a toda a actividade da Autoridade Portuaria e por iso están plasmados en diversos documentos.
Dous destes documentos, os cales abordan principalmente -pero non de maneira exclusiva- os valores que se poñen de manifesto no día a día da organización e no labor dos membros do seu persoal, son: :