A Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa pón á súa disposición neste apartado diversa información de interes e utilidade pública relacionada co cumprimento das súas obrigas en materia de transparencia, bo uso dos recursos e loita contra o fraude e a corrupción.
A través da Canle Interna da Autoridade Portuaria de Vilagarcía poderán comunicar ou revelar infraccións todas aquelas persoas que teñan vínculos profesionais ou laborais coa mesma, e aquelas que xa finalizaron a súa relación profesional, voluntarios, traballadores en prácticas ou en período de formación e persoas que participan en procesos de selección.
A canle establécese de conformidade co previsto na Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción. A lei ten por finalidade outorgar unha protección adecuada fronte ás represalias que poidan sufrir as persoas físicas informantes (de acordo con o estipulado na propia norma) así como o fortalecemento da cultura da información, das infraestruturas de integridade das organizacións e o fomento da cultura da información ou comunicación como mecanismo para previr e detectar ameazas ao interese público.
No artigo 2 da mencionada norma recóllense as accións ou omisións que poden ser obxecto de información
Na seguinte ligazón recóllese información exhaustiva sobre o funcionamento do Sistema Interno de Denuncias, no cal está integrado a Canle do informante: alcance, responsable, procedementos etc.
Pode facer uso da Canle Interna de Información a través da seguinte ligazón:
ACCESO Á CANLE INTERNA DE INFORMACIÓN
Ou ben a través do correo postal:
ÓRGANO RESPONSABLE DO SISTEMA DE INFORMACIÓN
Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa
Peirao de Pasaxeiros, 1
36600 Vilagarcía de Arousa