O Porto bate o seu récord de tráficos a peche do terceiro trimestre do ano, con máis de 1,1 millóns de toneladas

O Porto bate o seu récord de tráficos a peche do terceiro trimestre do ano, con máis de 1,1 millóns de toneladas

Mellóranse nun 0,5% os resultados do mesmo periodo do pasado exercicio

O Porto de Vilagarcía pechou o terceiro trimestre do ano con resultados históricos nos tráficos portuarios, ao superar nun 0,48% o seu mellor rexistro ata a data para ese período, establecido o pasado ano. O total de toneladas movidas no período xaneiro-setembro ascende a 1.146.321 toneladas.  

Por categorías, destaca o gran incremento experimentado na categoría de graneis sólidos, na que se superan as 400.000 toneladas fronte ás menos de 300.000 do ano pasado. O incremento porcentual é do 38%, grazas principalmente aos bos rexistros no movemento de cereal, categoría na que se duplican holgadamente as cifras de 2022, e tamén dos produtos encadrados baixo o epígrafe “outros graneis sólidos”. A cifra supón o mellor resultado nesta categoría para o período xaneiro-setembro desde o ano 2006. 

Os graneis líquidos, pola súa banda, pechan o terceiro trimestre do ano por baixo dos seus rexistros do pasado exercicio (-8,8%), sumando case 216.500 toneladas ao balance provisional ata setembro. Trátase da terceira vez na última década que o porto logra mover máis de 200.000 toneladas de graneis líquidos nos nove primeiros meses do ano. 

Finalmente, a mercadoría xeral acumula un total de 520.659 toneladas entre xaneiro e setembro. A pesar de que non se conseguen igualar os rexistros do pasado ano, trátase do terceiro mellor resultado na categoría de mercadoría xeral para ese período na historia do porto arousán, só por detrás dos parciais de 2022 e 2021.
En canto ao tráfico de pasaxeiros, o porto contabilizou nesta tempada seis escalas de cruceiro (unha máis que o pasado ano) que trouxeron a Vilagarcía case 1.400 pasaxeiros, aos que hai que sumar a tripulación. 

O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, apunta que “o traballo que toda a comunidade portuaria realiza para a captación e consolidación de tráficos é fundamental para estes excelentes resultados, que son reflexo do dinamismo da nosa área de influencia”. O presidente agradeceu o compromiso de todos os operadores portuarios para “avanzar cara a un porto cada vez máis eficiente e competitivo”, así como o labor que desempeña o persoal da propia Autoridade Portuaria.  

Porto de Vilagarcía, 12 de outubro de 2023..

El crucero Amadea, atracado en el muelle de Ferrazo

O porto de Vilagarcía recibe hoxe a escala do cruceiro “Amadea”

O buque, con 461 pasaxeiros a bordo, arribou a Vilagarcía ás 13.00 horas e a súa saída está prevista para as 20.00 horas

la Conselleira do mar reunida con presidente y directora de la Autoridad Portuaria de Vilagarcía

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visita a Autoridade Portuaria de Vilagarcía

O encontro enmárcase na rolda de reunións que a titular da carteira de Mar está a realizar cos máximos responsables das diferentes Autoridades Portuarias

Buque Doctor Pintado

Alleamento mediante adxudicación directa do buque Doctor Pintado

Resolución do presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía pola que se inicia o procedemento para o alleamento por adxudicación directa do buque Doctor Pintado