O mellor mes da súa historia, con case 160.000 toneladas movidas, permite ao porto pechar o semestre cunha subida de tráficos do 7,5%

O mellor mes da súa historia, con case 160.000 toneladas movidas, permite ao porto pechar o semestre cunha subida de tráficos do 7,5%

En total, nos seis primeiros meses do ano movéronse 760.000 toneladas de mercadoría, fronte a 707.000 do pasado ano

Buques atracados en los muelles de Ferrazo y Comercial norte

O porto de Vilagarcía acaba de bater no mes de xuño o seu máximo histórico de tráficos nun mes, rozando as 160.000 toneladas. Concretamente, foron 159.915 as toneladas de mercadorías contabilizadas no último mes do semestre, o cal posibilitou un excelente peche da primeira metade do ano. 

Un aspecto salientable é que na comparativa entre xuño de 2025 co mesmo mes do pasado ano, mellóranse as cifras en todas as categorías: graneis sólidos, graneis líquidos e mercadoría xeral, tanto convencional como contenerizada. A mercadoría xeral, con 75.925 toneladas, supón algo menos da metade dos tráficos portuarios de xuño. Nesta categoría ademais dos contedores inclúense os tráficos ro-ro, que se estrearon en Vilagarcía a finais de maio, sendo xuño o primeiro mes con operativas en todas as semanas. Os graneis sólidos achegan a esta estatística 41.704 toneladas e os graneis líquidos, 42.286 toneladas. 

No que se refire ao balance semestral, as 760.269 toneladas movidas desde xaneiro e ata xuño supoñen un incremento porcentual do 7.5% con relación ao ano 2024. É, ademais, o terceiro mellor peche do primeiro semestre do ano da historia do porto de Vilagarcía, só por detrás dos exercicios de 2023 e 2022. 

Por categorías, movéronse no semestre un total de 181.922 toneladas de graneis líquidos. Nesta categoría destaca o aceite, primeiro produto por número de toneladas movidas e cuxos tráficos se incrementaron un 18% con relación ao mesmo período do pasado ano. As cifras de graneis sólidos son lixeiramente inferiores ás de 2024, contabilizándose un total de 180.104 toneladas desde xaneiro e ata xuño. Nesta categoría  incrementouse sobre todo o tráfico de cemento por instalación especial, así como o de produtos encadrados baixo o epígrafe outros graneis sólidos. 

No apartado de mercadoría xeral contabilízanse 398.243 toneladas fronte ás 376.806 do mesmo período do pasado ano, o que supón un incremento porcentual do 5,7% con relación ao ano pasado. Destaca a importante achega tanto do ro-ro como da mercadoría contenerizada a esta estatística. 

Porto de Vilagarcía, 15 de xullo de 2025.

Vista de la zona portuaria desde el muelle de Pasaxeiros, al atardecer

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía impulsa unha mostra fotográfica virtual e colaborativa como homenaxe ante a crise do COVID-19

Recoller e compartir as experiencias cidadás en relación coa crise sanitaria do COVID-19 é o obxectivo que se expón a Autoridade Portuaria de Vilagarcía coa organización de “Contra vento e marea".

Grúas en el muelle Comercial

O Porto de Vilagarcía mantén a súa operatividade e implementa medidas de apoio á comunidade portuaria

O Porto de Vilagarcía mantén a súa operatividade ao servizo da cidadanía e de toda a sociedade. Os portos de Interese Xeral do Estado son infraestruturas estratéxicas garantes do funcionamento de servizos que se definen como esenciais.

Gráfico que muestra la evolución de tráficos portuarios

O Porto de Vilagarcía rexistra en 2019 o mellor balance de tráficos da súa historia, cun incremento do 8,9% con relación ao ano anterior

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía pechou o exercicio 2019 co mellor balance de tráficos da súa historia, establecendo un novo máximo anual de movemento de mercadorías.