O mellor mes da súa historia, con case 160.000 toneladas movidas, permite ao porto pechar o semestre cunha subida de tráficos do 7,5%
En total, nos seis primeiros meses do ano movéronse 760.000 toneladas de mercadoría, fronte a 707.000 do pasado ano
O porto de Vilagarcía acaba de bater no mes de xuño o seu máximo histórico de tráficos nun mes, rozando as 160.000 toneladas. Concretamente, foron 159.915 as toneladas de mercadorías contabilizadas no último mes do semestre, o cal posibilitou un excelente peche da primeira metade do ano.
Un aspecto salientable é que na comparativa entre xuño de 2025 co mesmo mes do pasado ano, mellóranse as cifras en todas as categorías: graneis sólidos, graneis líquidos e mercadoría xeral, tanto convencional como contenerizada. A mercadoría xeral, con 75.925 toneladas, supón algo menos da metade dos tráficos portuarios de xuño. Nesta categoría ademais dos contedores inclúense os tráficos ro-ro, que se estrearon en Vilagarcía a finais de maio, sendo xuño o primeiro mes con operativas en todas as semanas. Os graneis sólidos achegan a esta estatística 41.704 toneladas e os graneis líquidos, 42.286 toneladas.
No que se refire ao balance semestral, as 760.269 toneladas movidas desde xaneiro e ata xuño supoñen un incremento porcentual do 7.5% con relación ao ano 2024. É, ademais, o terceiro mellor peche do primeiro semestre do ano da historia do porto de Vilagarcía, só por detrás dos exercicios de 2023 e 2022.
Por categorías, movéronse no semestre un total de 181.922 toneladas de graneis líquidos. Nesta categoría destaca o aceite, primeiro produto por número de toneladas movidas e cuxos tráficos se incrementaron un 18% con relación ao mesmo período do pasado ano. As cifras de graneis sólidos son lixeiramente inferiores ás de 2024, contabilizándose un total de 180.104 toneladas desde xaneiro e ata xuño. Nesta categoría incrementouse sobre todo o tráfico de cemento por instalación especial, así como o de produtos encadrados baixo o epígrafe outros graneis sólidos.
No apartado de mercadoría xeral contabilízanse 398.243 toneladas fronte ás 376.806 do mesmo período do pasado ano, o que supón un incremento porcentual do 5,7% con relación ao ano pasado. Destaca a importante achega tanto do ro-ro como da mercadoría contenerizada a esta estatística.
Porto de Vilagarcía, 15 de xullo de 2025.
A creación dun hotel no faro de Lariño, aposta da Autoridade Portuaria pola dinamización turística, encara a súa recta final
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria aprobou o outorgamento á empresa Turismo de Faros, SL, dunha concesión no faro de Punta Insua para a creación dun hotel de 10 habitacións.
A Autoridade Portuaria avalía o estado do firme en Rivero de Aguilar e Valle-Inclán, como paso previo á súa pavimentación
A Autoridade Portuaria realizará esta semana unha serie de catas nos viais de titularidade portuaria Rivero de Aguilar e Valle-Inclán a fin de avaliar o estado do paquete de firme.
A Autoridade Portuaria incrementa os seus tráficos en abril con respecto ao mesmo mes do pasado ano
Dixitalización, apoio e coordinación coa comunidade portuaria e adaptabilidade son os tres eixos sobres os que ha pivotado a actuación da Autoridade Portuaria de Vilagarcía ao longo das últimas semanas marcadas polo COVID-19.
Pagination
- Previous page
- Page 36
- Páxina Seguinte
