A Autoridade Portuaria aproba sacar a licitación unha obra de pavimentación no peirao de Ferrazo Norte
Os traballos teñen un orzamento de case 718.000 euros
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria acordou en sesión ordinaria celebrada o 17 de xuño a aprobación do expediente de contratación e apertura do procedemento de adxudicación dunha obra de pavimentación no peirao de Ferrazo Norte.
A pavimentación actual da zona de actuación divídese nunha zona pavimentada en formigón de 610 m2 e outra zona de 4.140 m2 de pavimento bituminoso, detectándose en ambos os pavimentos danos. O obxectivo deste proxecto é adecuar a zona para dotala dunhas condicións óptimas para as operativas portuarias.
Coa nova pavimentación procederase a dotar a unha superficie de aproximadamente de 4.750 m2 dun firme consistente en pavimento de formigón. O orzamento basee de licitación desta actuación ascende a 717.996,29 € (ive incluído).
Porto de Vilagarcía, 17 de xuño de 2025.
O Porto bate o seu récord de tráficos a peche do terceiro trimestre do ano, con máis de 1,1 millóns de toneladas
Mellóranse nun 0,5% os resultados do mesmo periodo do pasado exercicio
O porto de Vilagarcía organiza o XXVI campionato interportos de fútbol-sala
A competición disputarase entre este xoves e o sábado, coa participación de 25 equipos
O porto de Vilagarcía establece novos máximos de tráfico portuario no mes de xuño e no global do primeiro semestre do ano
Rózanse as 164.000 toneladas de mercadoría movida no mes de xuño, mentres que a primeira metade do ano péchase con case 800.000 toneladas
Pagination
- Previous page
- Page 13
- Páxina Seguinte
