Dende hai 135 anos, o Porto de Vilagarcía é unha das grandes referencias na actividade comercial e industrial de Galicia e un actor fundamental da dinamización económica na Ría de Arousa.
Orientado hacia a excelencia
O Porto de Vilagarcía caracterízase por sacar o máximo rendemento das súas fortalezas e as súas infraestruturas, que pon ao servizo dos seus clientes. Dotado das instalacións e equipamentos necesarios para cubrir con garantías as esixencias do transporte marítimo e intermodal de mercadorías, o Porto está inmerso nunha aposta decidida por incorporar valor engadido ás súas infraestruturas e na procura da excelencia no servizo.
Referente no noroeste peninsular
Outro dos grandes eixos do crecemento portuario é o da captación de novos tráficos e a xestión comercial, claves para reforzar a posición de Vilagarcía no sistema portuario galego e no nacional.