Un total de 20 embarcacións arribarán mañá a Vilagarcía, último porto do “ Caminho marítimo de Santiago en Portugal”
A carabela Vera Cruz, recreación dun buque dos séculos XV- XVI, poderá visitarse sábado pola tarde e domingo pola mañá no peirao pantalán da dársena 2
O Porto de Vilagarcía recibirá desde mañá sábado e ata o luns a visita dun total de 20 embarcacións portuguesas que, desde o día 28 de maio, están a realizar o Caminho Marítimo de Santiago en Portugal. Esa iniciativa pretende recrear, desde a costa portuguesa, a viaxe que segundo a tradición trasladou os restos de Santiago Apóstolo desde Jaffa ata Compostela. A maior parte dos barcos amarrarán nas instalacións de Mariña Vilagarcía, mentres que os restantes utilizarán durante a súa escala en Vilagarcía o peirao-pantalán da dársena 2. A chegada está prevista mañá, a partir das 15.00 horas (en función das condicións meteorolóxicas).
O proxecto Caminho Marítimo de Santiago en Portugal é unha iniciativa que pretende a dinamización e posta en valor dos camiños de Santiago ancestrais, sendo a organización desta travesía con fins promocionais una das súas actividades pioneiras; desta maneira, búscase potenciar o atractivo no país veciño das peregrinacións a Compostela, a través dun itinerario con xustificación na tradición xacobea. O evento está organizado por Upstream – Valorizaçao do Territorio e Forum Oceano.
Esta actividade desenvólvese coa colaboración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía quen, na súa condición de Porto Xacobeo, apoia a promoción das peregrinacións a Compostela por vía marítima, e de maneira máis ampla, busca fortalecer a histórica vinculación de Vilagarcía e o seu porto con Santiago.
O Caminho Marítimo de Santiago en Portugal pon a énfase en conceptos como a sustentabilidade –vinculada á participación, exclusivamente, de embarcacións a vela-, a promoción do turismo náutico e as estacións náuticas, ou o mar como “designio nacional desde o punto de vista da economía, a cultura, a historia e as tradicións”. Persegue tamén desestacionalizar o turismo e a diversificación da oferta.
A travesía, de 17 días de duración e cun percorrido total de 500 millas náuticas, comezou en Vila Real de Santo Antonio e finalizará en Vilagarcía de Arousa, tras nove paradas intermedias. Os participantes teñen previsto visitar Santiago este luns, realizando a pé o tramo entre Padrón e Santiago.
Aos participantes nesta travesía –aproximadamente 90 persoas- ofreceráselles unha recepción nas instalacións de Mariña Vilagarcía, á que acudirán Begoña Mesejo, directora da Autoridade Portuaria, e Álvaro Carou, concelleira de Turismo do Concello de Vilagarcía. O acto terá lugar mañá, ás 19.00 horas.
Visita á Carabela Vera Cruz
Uno dos atractivos desta peregrinación por mar a Compostela é a presenza, entre os barcos participantes, da carabela Vera Cruz. Esta é unha réplica dunha carabela portuguesa da Era dos Descubrimentos (séculos XV- XVI), construída no ano 2000 no estaleiro naval de Vila do Conde, con motivo da conmemoración dos 500 anos do descubrimento de Brasil.
Entre outros usos desta embarcación, a Associação Portuguesa de Treino de Vela – APORVELA, responsable do buque, sinala o adestramento da navegación a vela e experiencias de mar para mozas, participación en eventos náuticos, investigación do comportamento de manobra das antigas carabelas e realización de visitas escolares.
Durante a súa estancia en Vilagarcía, esta carabela poderá ser visitada no peirao-pantalán da dársena 2, de maneira gratuíta. As visitas poderán realizarse o sábado pola tarde, comezando non antes das 16.00 horas, e o domingo pola mañá.
Porto de Vilagarcía, 10 de xuño de 2022
A Autoridade Portuaria acolle un curso para a formación de servizos de emerxencias na extinción de incendios en buques
A actividade desenvolverase ao longo de toda esta semana, na sala de conferencias da Autoridade Portuaria
La Autoridad Portuaria homenajea a tres trabajadores que cumplen 25 y 50 años como empleados de la organización
Os homenaxeados compartiron co presidente algunhas anécdotas da súa traxectoria profesional na Autoridade Portuaria
XV Bandeira de Bateis Porto de Vilagarcía celébrase este sábado en augas de Vilaxoán
O Club de Remo Vilaxoán, organizador da proba, prevé a participación dunhas 500 persoas nesta oitava proba do calendario de bateis
Pagination
- Previous page
- Page 16
- Páxina Seguinte
