O presidente de Puertos del Estado inaugura en Vilagarcía as xornadas técnicas de Relacións Laborais e Recursos Humanos do sistema portuario estatal
A actividade, á que asisten 50 persoas en representación de 22 autoridades portuarias e Puertos del Estado, desenvólvese este xoves e venres
O presidente do organismo público Puertos del Estado, Álvaro Rodríguez Dapena, desprazouse ata Vilagarcía de Arousa para tomar parte, xunto ao presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, José Manuel Cores Tourís, na inauguración das XV Xornadas Técnicas de Relacións Laborais e Recursos Humanos do sistema portuario estatal, que se desenvolverán entre hoxe e mañá nesta localidade.
Trátase da primeira ocasión na que a Autoridade Portuaria de Vilagarcía acolle unhas xornadas técnicas para traballadores das Autoridades Portuarias e Puertos del Estado. Ata Vilagarcía desprazáronse medio centenar de persoas, representantes de 22 Autoridades Portuarias e de Puertos del Estado, para asistir durante dous días a relatorios, mesas redondas, presentacións e sesións formativas en materia de xestión de recursos humanos e relacións laborais.
A ocasión é especialmente importante tendo en conta a recente aprobación do Marco Estratéxico do sistema portuario, o cal ten na ampliación e mellora continua do capital humano unha das súas liñas estratéxicas. O impacto deste documento no ámbito dos recursos humanos foi abordado esta mañá polo propio presidente de Puertos del Estado nun relatorio tras a inauguración do evento. Na súa intervención, Rodríguez Dapena destacou a importancia do capital humano dos portos, sen o cal sería imposible alcanzar as metas que nos propuxemos, engadindo que o persoal do sistema portuario atesoura unha experiencia e unha especialización imprescindibles para atender as necesidades da Comunidade Portuaria e, en definitiva, cumprir a nosa función ao servizo de toda a sociedade.
No seu discurso de apertura das xornadas, o presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, José Manuel Cores Tourís, destacou a importancia do porto na evolución histórica de Vilagarcía e a súa influencia dinamizadora sobre a actividade económica de todo a súa contorna. Finalmente, Tourís agradeceu a todas as Autoridades Portuarias e a Puertos del Estado a súa presenza nas xornadas, así como as achegas realizadas durante os debates que, sen dúbida, serán moi útiles para seguir avanzando na formación dos nosos profesionais.
Porto de Vilagarcía, 15 de decembro de 2022.
O Porto de Vilagarcía roza a peche do exercicio o seu récord histórico de movemento de mercadorías e supera os 1,5 millóns de toneladas
O tráfico portuario total ascendeu a 1.547.965 toneladas, o que supón un incremento do 9,4% con relación ao ano 2024. Destacan as subidas nas categorías de mercadoríía xeral e graneis líquidos.
O porto de Vilagarcía supera xa os seus tráficos de 2024 a falta dun mes para pechar o ano
Todo apunta a que se conseguirá pasar novamente a cifra de 1,5 millóns de toneladas de mercadoría á conclusión do exercicio
O porto de Vilagarcía recibe hoxe a escala do cruceiro “Amadea”
O buque, con 461 pasaxeiros a bordo, arribou a Vilagarcía ás 13.00 horas e a súa saída está prevista para as 20.00 horas
Pagination
- Previous page
- Page 2
- Páxina Seguinte
