O porto recibe por vez primera ao “World Voyager”
Por tratarse da súa primeira escala en Vilagarcía, realizouse un intercambio de metopas entre o capitán e o presidente da Autoridade Portuaria

Portuaria O porto de Vilagarcía está a recibir hoxe xoves o segundo cruceiro desta tempada. Trátase do “World Voyager”, que recala por primeira vez no porto arousán. O buque arribou a Vilagarcía á sete da mañá, procedente do Porto, e realizará a súa saída ás seis da tarde con destino Nantes. A bordo viaxan 280 persoas, aproximadamente, entre pasaxe e tripulación.
Para conmemorar a primeira escala en Vilagarcía, ás 11 da mañá tivo lugar no buque un acto de intercambio de metopas entre o presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, e o capitán do buque.
O “World Voyager” é un cruceiro exclusivo, con 126 metros de eslora e bandeira de Portugal. A escala no noso porto dará ao pasaxe oportunidade de coñecer diversos atractivos turísticos do municipio e a comarca.
. Este é o primeiro dos dous cruceiros previstos para esta semana, xa que leste mesmo domingo arribará a porto o “Hebridean Sky”, xa coñecido nos peiraos arousáns debido a que esta será a súa quinta escala no últimos catro anos.
Porto de Vilagarcía, 29 de maio de 2025.

A Autoridade Portuaria aproba sacar a licitación unha obra de pavimentación no peirao de Ferrazo Norte
Os traballos teñen un orzamento de case 718.000 euros

O porto recibe por vez primera ao “World Voyager”
Por tratarse da súa primeira escala en Vilagarcía, realizouse un intercambio de metopas entre o capitán e o presidente da Autoridade Portuaria

O porto de Vilagarcía recibe hoxe ao cruceiro “Island Sky”
O buque atracou no peirao de Ferrazo ás 14.30 horas procedente de Ponta Delgada, e partirá ás 19.00 horas con destino A Coruña
Pagination
- Page 1
- Páxina Seguinte