O porto pecha o mellor primeiro trimestre do ano da súa historia cun movemento de case 400.000 toneladas de mercancía
O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, destacou que estes resultados son un éxito de toda a comunidade portuaria
O porto de Vilagarcía acaba de pechar o mellor primeiro trimestre do ano da súa historia. Con cifras aínda provisionais, o movemento de mercancías nos tres primeiros meses de 2026 foi de 391.701 toneladas, o que supón un incremento do 1,8% con relación ao ano 2022, ao que corresponde a anterior marca. Nese ano, o movemento de mercancías no primeiro trimestre do ano ascendera a 384.702 toneladas. Na comparativa co ano 2025, a diferenza porcentual é máis salientable, do 9,8%.
Por categorías, movéronse neste primeiro trimestre do ano 226.952 toneladas de mercancía xeral, o cal tamén representa un máximo de tráficos nesta categoría para o primeiro trimestre do ano. Esta é só a segunda vez na historia do porto en que se superan as 200.000 toneladas de mercancía xeral neste período. A anterior ocasión foi en 2022, con 216.104 toneladas de mercancía xeral acumuladas entre xaneiro e marzo.
Con relación ao exercicio 2025, neste primeiro trimestre incrementáronse en máis de 31.500 as toneladas movidas na categoría de mercancía xeral, con excelentes datos nos apartados de mercancía contenerizada (9.383 TEUS, que é a terceira mellor cifra para un primeiro trimestre do ano desde a entrada en funcionamento da terminal arousá) e de tráfico ro-ro.
Na categoría de graneis sólidos, o trimestre pechouse con 97.434 toneladas, +5,2% por encima das cifras de 2025; e na de graneis líquidos o cómputo trimestral é de 67.324 toneladas, cifra moi próxima á do pasado ano.
O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, destacou que estes resultados “son un éxito de toda a comunidade portuaria vilagarciá, que demostra a súa capacidade para, nunha contorna altamente competitiva como é o do transporte marítimo de mercancías, ofrecer unha atención personalizada ás necesidades dos seus clientes e usuarios”, coa flexibilidade, a adaptabilidade e a axilidade como algúns dos seus principais valores.
Porto de Vilagarcía, 4 de abril de 2026.
O presidente de Puertos del Estado inaugura en Vilagarcía as xornadas técnicas de Relacións Laborais e Recursos Humanos do sistema portuario estatal
A actividade, á que asisten 50 persoas en representación de 22 autoridades portuarias e Puertos del Estado, desenvólvese este xoves e venres
Estudantes de Transporte e Loxística e de Comercio Internacional do Bouza Brey visitaron o porto de Vilagarcía
A pasada semana, a Autoridade Portuaria recibiu a un grupo de alumnos de primaria do CEIP Arealonga
A Autoridade Portuaria concesiona a Parquistas de Carril dúas naves situadas no tramo final do peirao de O Ramal
O presidente tamén presentou o balance provisional de tráficos dos dez primeiros meses do ano, que se pecharon con 1,3 millóns de toneladas movidas
Pagination
- Previous page
- Page 18
- Páxina Seguinte
