O porto de Vilagarcía recibe hoxe a escala do cruceiro “Amadea”
O buque, con 461 pasaxeiros a bordo, arribou a Vilagarcía ás 13.00 horas e a súa saída está prevista para as 20.00 horas
O porto de Vilagarcía recibiu a escala do cruceiro “Amadea”. Desde as 13.00 horas aproximadamente, o buque –procedente de Lisboa- atópase amarrado no peirao de Ferrazo Norte, onde permanecerá ata as 20.00 horas, cando ten prevista a súa saída cara a Portsmouth.
O “Amadea” é un cruceiro con bandeira de Gran Bahamas e case 193 metros de eslora, operado pola navieira “Phoenix Reisen”. A bordo viaxan un total de 461 pasaxeiros, na súa gran maioría de nacionalidade alemá, e 321 tripulantes. Para facer máis cómoda a estancia en Vilagarcía dos pasaxeiros que permanezan na cidade, a Autoridade Portuaria pon á súa disposición un servizo lanzadeira que conecta o peirao coa Oficina Municipal de Turismo.
O “Amadea” xa visitara anteriormente o noso porto, concretamente a súa última visita foi no ano 2022. Coa de hoxe son cinco as escalas de cruceiro que recibiu o porto neste ano.
Porto de Vilagarcía, 2 de decembro de 2025.
O porto recibe por vez primera ao “World Voyager”
Por tratarse da súa primeira escala en Vilagarcía, realizouse un intercambio de metopas entre o capitán e o presidente da Autoridade Portuaria
O porto de Vilagarcía recibe hoxe ao cruceiro “Island Sky”
O buque atracou no peirao de Ferrazo ás 14.30 horas procedente de Ponta Delgada, e partirá ás 19.00 horas con destino A Coruña
A Autoridade Portuaria acolle a presentación do campionato provincial de bateis, que se disputará esta fin de semana en Vilaxoán
O club anfitrión compite con cinco tripulacións. Agárdase a participación de aproximadamente 600 deportistas de toda a provincia
Pagination
- Previous page
- Page 6
- Páxina Seguinte
