O Porto de Vilagarcía recibe este domingo a escala do cruceiro “Europa”, o cuarto desta tempada

O Porto de Vilagarcía recibe este domingo a escala do cruceiro “Europa”, o cuarto desta tempada

A bordo viaxan máis de seiscientas persoas, sumando pasaxe e tripulación

El crucero "Europa", atracado en el puerto de Vilagarcía

O Porto de Vilagarcía recibe este domingo, día 18 de xuño, a escala do cruceiro “Europa”. Trátase do cuarto cruceiro que arriba ao porto arousán nesta tempada, despois da chegada en abril do “National Geographic Resolution” e “Sirena”, e en maio do “Sexa Cloud Spirit”. A bordo viaxan máis de seiscentas persoas, sumando pasaxe e tripulación.  

O “Europa” é un cruceiro da navieira Hapag-Lloyd, con bandeira de Malta. Ten 198 metros de eslora e durante a súa escala en Vilagarcía está atracado no peirao de Ferrazo Norte. A chegada a porto tivo lugar pouco antes das sete da mañá e a súa saída producirase ás seis da tarde. 

O “Europa” arribou a Vilagarcía procedente de Leixoes, e o seu seguinte porto de escala será o da Pallice, en Francia. O “Europa” é un cruceiro con capacidade para 400 pasaxeiros, aos que hai que engadir os tripulantes. A maior parte dos seus pasaxeiros proceden de países de lingua alemá. 

Para facer máis agradable a estancia en Vilagarcía dos visitantes, a Autoridade Portuaria habilitou un servizo lanzadeira gratuíto entre o peirao e o centro urbano, prestado por medio do tren turístico. Tamén se instalou a pé de peirao un punto de atención ao visitante, atendido por persoal da propia Autoridade Portuaria. 

Porto de Vilagarcía, 16 de xuño de 2023.

Vista área de la sede de la Autoridad Portuaria de Vilagarcía

O porto de Vilagarcía establece en abril un novo récord mensual de tráfico portuario e supera as 500.000 toneladas no cuadrimestre

O acumulado na categoría de mercadoría xeral rexistra un dos seus mellores peches do primeiro cuadrimestre do ano

El crucero "Sirena", atracado en el puerto de Vilagarcía

O porto recibiou a visita do Sirena, segundo cruceiro desta tempada

Arribou a Vilagarcía ás sete da mañá e zarpou pouco despois das catro. A bordo viaxan 651 pasaxeiros e case 400 tripulantes