Caylu obtén o III Premio Ría de Arousa de ideas empresariais no ámbito marítimo-portuario e loxístico

Caylu obtén o III Premio Ría de Arousa de ideas empresariais no ámbito marítimo-portuario e loxístico

. O galardón, convocado pola asociación de Novos Empresarios AJE Pontevedra co apoio da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, ten como obxectivo fomentar o emprendemento e a creación de emprego. SEntregáronse tamén tres accésits e un premio honorífico

Foto de premiados, organización, patrocinadores y colaboradores

A sala de conferencias do Auditorio de Vilagarcía acolleu na tarde do 19 de outubro a entrega do Premio Ría de Arousa de ideas empresariaiis no ámbito marítimo portuario e loxístico. Trátase dun premio de carácter bienal, convocado pola asociación de Jóvenes Empresarios AJE Pontevedra co apoio da Autoridade Portuaria de Vilagarcía. A deste ano foi a terceira convocatoria, logo de que o pasado ano fose aplazado debido a pandemia. 

O galardón foi para a empresa Caylu, que naceu en xullo de 2020 co propósito de achegar a gastronomía da nosa zona ás vivendas de uso turístico, segundas residencias e domicilios particulares do Salnés, e en cuxa oferta teñen gran peso os produtos do sector extractivo do mar. O premio está dotado con 2.000 euros para gastos de constitución de empresa, máis un cheque por valor de 3.000 euros para formación na Galicia Business School, afiliación gratuíta durante un ano a AJE Pontevedra, e diploma acreditativo. 

Tamén se entregaron tres accésits, dotados, cada un deles, cun cheque de 1.000 euros en formación de Galicia Business School, afiliación gratuíta durante seis meses a AJE Pontevedra, e diploma acreditativo: Enercraft, unha empresa creada co forte compromiso de establecer novos estándares de calidade no campo do deseño, desenvolvemento e fabricación de innovadores equipos enerxéticos de soporte en terra, obtivo o premio á innovación. O accésit de economía circular foi para Hórreo 4.0, por un proxecto centrado na rehabilitacións de containers fóra de uso para instalacións turísticas que axuden a cubrir a demanda e ampliar a oferta nas Rías Baixas e os Camiños de Santiago Xacobeo 2022. Finalmente, o áccesit de emprego novo foi para Arual, que se presenta como unha iniciativa de roupa ética, de produción local, elaborada con tecidos feitos dos residuos plásticos recolleitos do mar, sen deixar de lado do deseño, propoñendo unha nova forma de consumo. 

No acto tamén se fixo entrega dun premio honorífico a Luís García-Reboredo, da histórica consignataria vilagarciá García-Reboredo Hnos. Reboredo destacou a importancia do labor do todo o equipo humano da compañía e recomendou aos premiados “non facer caso dos consellos” e ser fieis ao seu propio criterio. 

O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, destacou na súa intervención que “todas as grandes empresas foron, nos seus comezos, pequenas empresas, e querémonos estar ao seu carón, axudalas e acompañalas nos primeiros pasos – sempre complicados- do seu camiño, e facelo máis doado”. Cores Tourís destacou que un porto de interese xeral “actúa como `imán’ para a implantación e crecemento de proxectos empresariais, engadindo que “ou noso propósito é reforzar ou papel do porto como elemento dinamizador de toda a súa contorna”. 

Pola súa banda o presidente de AJE Pontevedra, Jesús Rey, agradeceu a participación a todos os candidatos ao premio e tamén tivo palabras de recoñecemento para os colaboradores e copatrocinadores: Consellería do Mar (representada pola presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas), Banco Santander, Galicia Business School, Mercedes Benz-Louzao, e grupo J Rey Asesores, ademais de agradecer a súa asistencia a representantes de organizacións empresariais e institucións públicas que estiveron presentes no acto. 

O presidente de AJE Galicia, Luciano Covelo, trasladou o seu parabén a AJE Pontevedra pola organización de eventos e convocatorias fóra das grandes cidades galegas e animoulles a continuar co traballo desenvolvido ata a data. 

O acto pechouse coa intervención da presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, quen destacou que “desde Portos de Galicia cremos na colaboración entre as institucións públicas e o tecido empresarial privado, do que hoxe temos a máis nova e mellor representación neste auditorio da ría de Arousa”, e animou a todos os premiados “a seguir con ánimo e perseveranza no roteiro do emprendemento e a innovación”. 

Porto de Vilagarcía, 19 de outubro de 2021. 

 

O porto de Vilaxoán acolle este domingo a décimo sexta edición da bandeira de bateis Porto de Vilagarcía

A proba, na que participarán uns 500 deportistas, foi presentada esta mañá nas instalacións da Autoridade Portuaria de Vilagarcía

Operativas en el muelle Comercial

O Porto de Vilagarcía pecha o mellor exercicio da súa historia e fixa un record de tráfico portuario ao mover 1.552.474 toneladas en 2023

Na comparación con 2022, o peche de 2023 amosa un aumento en total de tráfico portuario de aproximadamente 55.000 toneladas, o que equivale a un incremento porcentual do 3,6%. 

Vista del muelle Comercial desde O Centenario

O Porto supera os 1,5 millóns de toneladas e pechará o  ano cun novo récord de tráficos portuarios

Os bos resultados de decembro permitirán mellorar os registros de 2022