Intermodalidade

Intermodalidade

A mellora da intermodalidade marítimo-ferroviaria foi na última década unha das apostas máis ambiciosas da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, a cal levou a cabo entre os anos 2012 e 2016 unha actuación transformadora para a extensión da súa rede ferroviaria a párte sur do porto.

O porto de Vilagarcía dispón na actualidade dunha conexión ferroviaria moderna e eficiente que discorre integramente por dominio público portuario. A rede alcanza todos os peiraos (O Ramal, Comercial, Comboa e Ferrazo) de maneira que calquera das mercadorías movidas a través do porto de Vilagarcía poden transportarse por vía intermodal marítimo-ferroviaria.

Esta conexión ferroviaria vai ser optimizada mediante a execución dunha terceira fase das obras do ferrocarril a Ferrazo, que está previsto licitar este mesmo ano, e que constitúe un dos principais proxectos do Porto a curto prazo. As características da actuación a realizar están detalladas no apartado Obras e proxectos desta mesma web. 

 

Plano ferrocarril

A proximidade entre o porto e a estación de tren de Vilagarcía permite un rápido acceso á rede ferroviaria de ADIF, e a posición central de Vilagarcía na fachada atlántica galega facilita a entrada ou saída de mercadorías con destino a toda Galicia e tamén á meseta.

É no transporte de media distancia onde as vantaxes competitivas do ferrocarril fronte a outros medios de transporte terrestre fanse máis evidentes, polo que as excelentes infraestruturas intermodais do porto de Vilagarcía tamén lle permitiron ampliar o seu hinterland e a captación ou consolidación de tráficos portuarios.