O porto recibe a escala do “Hebridean Sky”, o primeiro dos dous cruceiros previstos para setembro
A bordo do buque, pertencente á navieira Noble Caledonia, viaxan 84 pasaxeiros –na súa meirande parte, de nacionalidade británica- e 71 tripulantes
O “Hebridean Sky” é un buque de 90 metros de eslora e bandeira de Bahamas. A súa chegada a Vilagarcía produciuse pouco despois das nove da mañá, , procedente da Coruña, mentres que a súa saída está programada ás 21.00 horas, con destino Leixoes. A súa escala no porto de Vilagarcía está consignada por García Reboredo Hnos.
Coa escala do “Hebridean Sky” o porto arousán retoma a actividade de cruceiros nesta segunda metade da tempada 2022, que comezou en maio coa chegada dos buques “Amadea” e “Sexa Cloud Spirit”. Para o mes de outubro están programadas outras dúas escalas.
O peirao de atracada para o “Hebridean Sky” será Ferrazo Norte. Para facer máis agradable a estancia en Vilagarcía, a Autoridade Portuaria puxo ao dispor dos visitantes un servizo lanzadeira gratuíto entre o peirao e centro urbano, prestado polo tren turístico. Tamén se instalou a pé de peirao un punto de atención ao visitante atendido por persoal da Autoridade Portuaria.
O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, sinala que “a promoción do porto de Vilagarcía como escala para cruceiros de pequeno e mediano tamaño é un dos piares do noso labor comercial, polos beneficios que a chegada destes buques ten para a hostalería e o comercio de Vilagarcía e o resto da comarca e tamén pola súa importancia para a desestacionalización do turismo en Arousa”.
Porto de Vilagarcía, 7 de setembro de 2022.
O porto de Vilagarcía organiza o XXVI campionato interportos de fútbol-sala
A competición disputarase entre este xoves e o sábado, coa participación de 25 equipos
O porto de Vilagarcía establece novos máximos de tráfico portuario no mes de xuño e no global do primeiro semestre do ano
Rózanse as 164.000 toneladas de mercadoría movida no mes de xuño, mentres que a primeira metade do ano péchase con case 800.000 toneladas
A terminal de contenedores de Boluda en Ferrazo amplía os seus servizos ao recibir como cliente a Nirint Shipping
O servizo, que se suma ás conexións marítimas que xa ofrece a propia Boluda, conectará Vilagarcía con varios portos no Caribe e Canadá
Pagination
- Previous page
- Page 13
- Páxina Seguinte
