A Autoridade Portuaria aproba a cesión ao Concello de Vilagarcía dunha nave para actividades e ensinanzas náuticas y deportivas

A Autoridade Portuaria aproba a cesión ao Concello de Vilagarcía dunha nave para para actividades e ensinanzas náuticas y deportivas

Tamén se iniciou o procedemento para a venda á administración local da antiga Comandancia, unha vez aprobada a súa desafectación

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, reunido esta mañá en sesión ordinaria, aprobou a firma dun convenio entre a Autoridade Portuaria e o Concello para a utilización dunha nave na zona de Ou Cavadelo con destino ao desenvolvemento de ensinanzas e actividades deportivas e náuticas por parte do Concello de Vilagarcía. 

Trátase dunha construción de 1.527,17 metros cadrados que ocupa integramente unha parcela de idénticas dimensións, e que conta, en fronte da súa fachada traseira, cunha rampla que lle brinda acceso directo ao mar.

Conforme ao proxecto municipal recibido na Autoridade Portuaria, da superficie total 181 m2 destinaranse a actividades deportivas e 1.346,17 m2 destinaranse a actividades náuticas. 
A ocupación da parcela de dominio público portuario obxecto deste convenio polo Concello de Vilagarcía efectuarase durante o prazo de 10 anos. A Autoridade Portuaria autoriza ao Concello á realización das obras previstas no Proxecto "Acondicionamento de nave portuaria para actividades náuticas e deportivas", redactado polo arquitecto municipal. 

Segundo o previsto na lei de Portos do Estado, a ocupación de superficie destinada a actividades náuticas está exenta do pago de taxas, mentres que a ocupación de superficie relacionada con actividades deportivas en xeral beneficiarase dunha dedución do 50% na taxa de ocupación. Unha vez aplicada estas bonificacións, o importe global a abonar polo Concello de Vilagarcía ascende a 1.733,22 euros anuais (sumando as taxas tanto de ocupación como de actividade). 

O convenio hoxe aprobado entrará en vigor tras a súa firma por parte do presidente da Autoridade Portuaria e o alcalde de Vilagarcía. 

Avances cara á venda da antiga Comandanci
Por outra banda, os membros do Consello de Administración da Autoridade Portuaria tamén aprobaron iniciar os trámites para a venda ao Concello de Vilagarcía da parcela da antiga Comandancia de Mariña, que a administración local ten previsto ceder á Consellería de Sanidade para a creación dun centro de saúde. 

A tramitación administrativa para esta meta comezou coa desafectación dos terreos, solicitada pola Autoridade Portuaria en outubro do pasado ano e que se formalizou por orde da Ministra de Transporte, Movilidad e Axenda Urbana de data 4 de abril deste ano. 

A desafectación implica que a parcela, cuxa superficie ascende a 4.626,95 metros cadrados, deixa de formar parte do dominio público portuario estatal, por resultar innecesaria para os fins portuarios, e pasa a ser un ben patrimonial da Autoridade Portuaria. O feito de que a parcela xa non sexa terreo portuario permite ao Porto o seu alleamento por adxudicación directa (é dicir, a súa venda directa) a outra administración pública, neste caso, o Concello de Vilagarcía. 

O acordo do Consello adoptado hoxe inclúe tres actuacións: incoar o procedemento de alleamento directo ao Concello de Vilagarcía da parcela da antiga Comandancia; aprobar a taxación por valor de 1.157.406,76 €; e remitir o acordo a Portos do Estado para a súa comunicación ao director xeral do Patrimonio do Estado, tal e como prevé a lexislación aplicable. 

A previsión do Porto é que a venda da parcela poida formalizarse a partir do mes de setembro, de maneira que todo o proceso, desde o inicio da desafectación ata o alleamento, podería completarse en menos dun ano. 

Aprobación das contas anuais 
Finalmente, o Consello de Administración tamén aprobou as contas do exercicio 2021, que se pechou cun beneficio de 1.178.287,72 euros. O importe neto da cifra de negocios ascendeu a 5,2 millóns de euros, o segundo maior da historia do porto. 

O informe da Auditoría emitido pola Intervención Xeral da Administración do estado que acompaña ás contas apunta que estas expresan, en todos os aspectos significativos, a imaxe fiel do patrimonio e da situación financeira da entidade. 

Porto de Vilagarcía, 30 de xuño de 2022 
 

Operativas en el muelle Comercial

O Porto de Vilagarcía pecha o mellor exercicio da súa historia e fixa un record de tráfico portuario ao mover 1.552.474 toneladas en 2023

Na comparación con 2022, o peche de 2023 amosa un aumento en total de tráfico portuario de aproximadamente 55.000 toneladas, o que equivale a un incremento porcentual do 3,6%. 

Vista del muelle Comercial desde O Centenario

O Porto supera os 1,5 millóns de toneladas e pechará o  ano cun novo récord de tráficos portuarios

Os bos resultados de decembro permitirán mellorar os registros de 2022

O Porto dá o seu visto e prace ao proxecto de Turismo de Galicia para a execución da mellora do Faro de Sálvora

Aprobouse tamén un proxecto para mellora das naves do Ramal que ten en concesión a Organización Empresarial Parquistas de Carril