O Porto de Vilagarcía recibe este domingo a escala do cruceiro “Europa”, o cuarto desta tempada
A bordo viaxan máis de seiscientas persoas, sumando pasaxe e tripulación
O Porto de Vilagarcía recibe este domingo, día 18 de xuño, a escala do cruceiro “Europa”. Trátase do cuarto cruceiro que arriba ao porto arousán nesta tempada, despois da chegada en abril do “National Geographic Resolution” e “Sirena”, e en maio do “Sexa Cloud Spirit”. A bordo viaxan máis de seiscentas persoas, sumando pasaxe e tripulación.
O “Europa” é un cruceiro da navieira Hapag-Lloyd, con bandeira de Malta. Ten 198 metros de eslora e durante a súa escala en Vilagarcía está atracado no peirao de Ferrazo Norte. A chegada a porto tivo lugar pouco antes das sete da mañá e a súa saída producirase ás seis da tarde.
O “Europa” arribou a Vilagarcía procedente de Leixoes, e o seu seguinte porto de escala será o da Pallice, en Francia. O “Europa” é un cruceiro con capacidade para 400 pasaxeiros, aos que hai que engadir os tripulantes. A maior parte dos seus pasaxeiros proceden de países de lingua alemá.
Para facer máis agradable a estancia en Vilagarcía dos visitantes, a Autoridade Portuaria habilitou un servizo lanzadeira gratuíto entre o peirao e o centro urbano, prestado por medio do tren turístico. Tamén se instalou a pé de peirao un punto de atención ao visitante, atendido por persoal da propia Autoridade Portuaria.
Porto de Vilagarcía, 16 de xuño de 2023.
Os cruceiros Bolette e Marina estrean a tempada de cruceiros cunha dobre escala no porto de Vilagarcía
A escala, que trouxo case 2.400 personas a Vilagarcía, supuxo a reactivación deste tráfico tras un parón de case dous anos debido á pandemia do COVID-19
Os cruceiros retornan este sábado ao porto de Vilagarcía cunha doble escala a cargo do Bolette e o Marina
En total, arribarán a Vilagarcía máis de 2.000 persoas, entre pasaxeiros e e tripulantes. Os peiraos de escala serán Ferrazo Norte e Comboa
Os tráficos portuarios soben en xullo en Vilagarcía un 23%, e o incremento acumulado en 2021 alcanza o 31%
Os incrementos nas categorías de mercadoría xeral e graneis sólidos aproxímanse ao 40%, cos graneis líquidos tamén en positivo
Pagination
- Previous page
- Page 28
- Páxina Seguinte
