O Porto de Vilagarcía pecha o mellor exercicio da súa historia e fixa un record de tráfico portuario ao mover 1.552.474 toneladas en 2023

O Porto de Vilagarcía pecha o mellor exercicio da súa historia e fixa un record de tráfico portuario ao mover 1.552.474 toneladas en 2023

Na comparación con 2022, o peche de 2023 amosa un aumento en total de tráfico portuario de aproximadamente 55.000 toneladas, o que equivale a un incremento porcentual do 3,6%. 

Operativas en el muelle Comercial

O Porto de Vilagarcía pechou o ano 2023 fixando, con ampla marxe sobre os seus anteriores rexistros, un novo récord de tráficos portuarios. En total, polos peiraos arousáns movéronse durante o pasado exercicio 1.552.474 toneladas de mercadorías, cifra que permitiu superar en máis de 40.000 toneladas o anterior récord (establecido en 2021 con 1.511.370 toneladas). O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, apunta que “2023 foi o mellor exercicio da nosa historia”, destacando que “o resultado deste ano –que ademais, prodúcese nun contexto de incerteza no ámbito internacional- pon de manifesto a axilidade, a capacidade de adaptación e a flexibilidade da Autoridade Portuaria e toda a comunidade portuaria”.

Na comparación con 2022, o peche de 2023 amosa un aumento en total de tráfico portuario de aproximadamente 55.000 toneladas, o que equivale a un incremento porcentual do 3,6%. 

Por categorías, movéronse un total de 298.398 toneladas de graneis líquidos, cifra practicamente idéntica á do ano 2022; a categoría de graneis sólidos agrupa un total de 569.958 toneladas (+42% con relación ao ano 2022, equivalentes a case 169.000 toneladas), mentres que as 676.628 toneladas restantes corresponden ao movemento de mercadoría xeral, incluída a contenerizada. 

A mercadoría xeral continúa encabezando a distribución de tráficos portuarios por toneladas, pero -debido principalmente á gran subida dos graneis sólidos con relación ao 2022- a diferenza entre ambos os grupos é a menor da última década, quedándose en sete puntos porcentuais. Así, o 43,8% do movemento de mercadorías en 2023 correspondeu a produtos adscritos á categoría de mercadoría xeral, o 36,9% aos graneis sólidos e o 19,3% restante corresponde á categoría de graneis líquidos. 

O total de toneladas movidas na categoría de graneis líquidos é o segundo mellor resultado nos últimos 15 anos. Aceite e metanol encabezan a estatística de tráficos nesta categoría. 

Na categoría de graneis sólidos, as case 570.000 toneladas movidas supoñen o mellor resultado anual desde o ano 2007, nun exercicio no que destaca o incremento no movemento de cereais (+89%) e dos produtos encadrados no epígrafe outros graneis sólidos, mentres que cuarzo e cemento por instalación especial pecharon o ano en cifras practicamente idénticas ás do exercicio de 2022. 

En canto aos produtos encadrados na categoría de mercadoría xeral, globalmente considerados, experimentaron en 2023 un descenso no número de toneladas contabilizadas con relación a 2022 (-14,3%). A pesar diso, produtos como o aluminio ou o taboleiro estableceron o terceiro mellor rexistro de toda a serie histórica. A mercadoría contenerizada continúa á cabeza por número de toneladas movidas nesta categoría. 

O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, puxo en valor o traballo dos operadores portuarios para o establecemento deste histórico rexistro: “sen o seu labor para a captación e consolidación de tráficos, e o seu compromiso ao servizo de todo o tecido empresarial da nosa área de influencia –engadiu Tourís-, estas cifras non serían posibles”. 

Cores Tourís tamén resaltou o labor do persoal da Autoridade Portuaria. “O seu dinamismo e a súa implicación coa calidade, a eficiencia e a atención personalizada ás necesidades de clientes e potenciais clientes son un activo moi valioso para esta empresa e supoñen unha contribución imprescindible para fortalecer o posicionamento e competitividade do porto de Vilagarcía”. 

Porto de Vilagarcía, 26 de xaneiro de 2024. 
 

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria aproba as contas do exercicio 2023, cun beneficio de 468.998,48 euros

O organismo tamén deu o seu visto e prace á firma dun convenio coa Xunta para a rehabilitación integral da estación marítima no Peirao de Pasaxeiros

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía renova as súas certificacións ISO de xestión de calidade, ambiental, e seguridade e saúde no traballo

As certificacións estarán vixentes ata 2027, debéndose superar unha auditoría anual de seguimento para o seu mantemento.

El ejercicio se desarrolló en la sala de conferencias de la Autoridad Portuaria

A Autoridade Portuaria acolle un simulacro de loita contra a contaminación mariña

O exercicio non implicou o despregamento de medios. A súa finalidade é testar a coordinación e capacidade de resposta ante un incidente na mar