O porto de Vilagarcía aproba as súas contas do ano 2022, que se pechou cun récord no importe neto da cifra de negocio

O porto de Vilagarcía aproba as súas contas do ano 2022, que se pechou cun récord no importe neto da cifra de negocio

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria aprobou o seu Código Ético e de Conduta así como a creación do seu Sistema Interno de Información

Fachada de la sede de la Autoridad Portuaria de Vilagarcía

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, reunido en sesión ordinaria el 30 de xuño, aprobou as contas anuais correspondentes ao ano 2022, co informe favorable da Intervención Xeral da Administración do Estado. Este informe fai constar que as contas do organismo portuario “expresan, en todos os aspectos significativos, a imaxe fiel do patrimonio e da situación financeira da entidade”. 

Un dos aspectos máis destacados destas contas é que o porto arousán pechou o pasado exercicio cun máximo no importe neto da cifra de negocio, que por primeira vez na historia da Autoridade Portuaria, superou os seis millóns de euros. Tamén é de destacar o resultado do exercicio, cun beneficio de 1,1 millóns de euros, cifra moi similar á do pasado ano. Así mesmo, o ano pechouse cunha rendibilidade positiva.

Por outra banda, o Consello de Administración do porto aprobou o Código Ético e de Conduta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, definido como o conxunto de principios de conduta dentro e fóra da organización que guían a toma de decisións e o comportamento na Autoridade Portuaria. O propósito do Código é proporcionar aos membros da Autoridade Portuaria pautas para tomar decisións éticas en relación co seu traballo e na relación con outras persoas e organizacións interesadas

O Código fixa uns compromisos de conduta e prácticas responsables en aspectos como o respecto ao medio ambiente, a igualdade de oportunidades, a reputación corporativa, o desenvolvemento profesional, o uso e respecto dos activos, relacións con clientes, provedores e colaboradores, etc. de tal maneira que o seu cumprimento vén reforzar as previsións legais e normativas ás que as persoas ás que lles é de aplicación (todo o persoal da Autoridade Portuaria e membros do Consello de Administración) atópanse suxeitas.
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria tamén aprobou a implantación do seu Sistema Interno de Información, cuxa finalidade é garantir a protección das persoas que informen sobre actuacións ou condutas irregulares que poidan ser constitutivas de infracción penal ou administrativa grave ou moi grave ou que poidan constituír infraccións do Dereito da Unión Europea en determinados supostos legalmente regulados. A implantación deste Sistema Interno de Información trae aparellada a creación dunha Canle Interna de Información, accesible a través da páxina web da Autoridade Portuaria de Vilagarcía. 

O Sistema Interno de Información así como o procedemento de xestión de informacións teñen como referencia normativa a Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción. 

Tanto o Código Ético como o Sistema Interno de Información contribúen a reforzar o compromiso da Autoridade Portuaria coa transparencia, a integridade corporativa e a excelencia na xestión e exercicio das súas competencias. 

Porto de Vilagarcía, 30 de xuño de 2023.

Participantes en el acto de entrega de las certificaciones

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía certifica a compensación total da súa pegada de carbono, logrando a neutralidade climática

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía acaba de obter o certificado que acredita a compensación total das súas emisións directas como organización, conseguindo así a Pegada Cero Emisións.

Vista de los muelles de Comboa y Comercial, con Ferrazo al fondo

Os tráficos do porto de Vilagarcía increméntanse un 32% en febreiro e o acumulado do ano alcanza as 210.000 toneladas

O porto de Vilagarcía experimentou un notable incremento dos seus tráficos no mes de febreiro, cunha subida do 32% con relación ao mesmo mes do ano anterior.

Vista aérea del puerto de Vilagarcía

O Porto avanza no seu compromiso coa calidade, a seguridade e a sustentabilidade coa renovación das súas certificacións ISO

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía renovou as súas certificacións ISO 9001 e ISO 14001, e conseguiu a nova ISO 45001, así como a verificación do seu inventario de emisións de pegada de carbono.