El incremento de tráficos en febrero permite al puerto arousano recortar distancias con respecto a sus registros de 2022

O incremento de tráficos en febreiro permite ao porto arousán recortar distancias con respecto aos seus rexistros de 2022

Os datos foron presentados polo presidente na sesión do Consello de Administración celebrada esta mañá

A Autoridade Portuaria ha pechado o mes de febreiro superando os seus tráficos do mesmo mes do pasado ano. As cifras provisionais apuntan que se moveron 129.478 toneladas de mercadoría neste mes, fronte ás 126.790 de febreiro de 2022. Isto permitiu emendar parcialmente a diminución de tráficos no acumulado do ano, que a peche de xaneiro era dun 23%, deixándoa por baixo do 11% a peche de febreiro. Así o expuxo o presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, José Manuel Cores Tourís, aos membros do Consello de Administración do porto durante a sesión ordinaria celebrada esta mañá. 

Na repartición de tráficos, os graneis sólidos sitúanse por encima dos seus rexistros do pasado ano cun incremento nos dous primeiros meses do ano do 3,2%, e achegan 65.037 toneladas ao balance deste primeiro bimestre, grazas sobre todo ao bo comportamento do cemento por instalación especial (+77%) e dos cereais e as súas fariñas, que triplican os seus rexistros do pasado ano, superando as 30.000 toneladas. 

Na categoría de graneis líquidos movéronse nos dous primeiros meses do ano 51.810 toneladas e na mercadoría xeral, 117.108 toneladas. Nos dous casos, aínda que os tráficos do bimestre continúan por baixo das cifras do mesmo período do pasado ano, reduciuse notablemente os descensos que se rexistraban a peche de xaneiro. Se á conclusión do primeiro mes do ano a caída era do 32% en graneis líquidos e do 27,5% en mercadoría xeral, cos datos provisionais de febreiro, estes descensos son do 21% e o 12,5%, respectivamente. 

O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, engadiu que “as previsións da Autoridade Portuaria apuntan a que este mes de marzo rexistraranse tráficos similares aos de marzo de 2022, o que nos permitirá seguir reducindo a diferenza porcentual acumulada entre este exercicio e o pasado ano que, como saben, foi o segundo mellor da historia do noso porto, con practicamente 1,5 millóns de toneladas movidas”. 

Previsión tempada cruceiros
Por outra banda, o presidente da Autoridade Portuaria tamén informou os membros do Consello das previsións deste organismo para a tempada de cruceiros, para a que están programadas un total de 7 escalas, fronte ás cinco do pasado exercicio. 

Trátase no seu maior parte de barcos de pequeno tamaño, que globalmente ten capacidade para case 3.000 pasaxeiros, aos que hai que sumar máis de mil tripulantes. O pasado ano o porto de Vilagarcía pechou co mellor balance de cruceiristas desde 2013, superando os 2.000 pasaxeiros e achegándonos ás 3.800 persoas sumando pasaxe e tripulación. A tempada de cruceiros 2023 comezará en abril e o seu peche está previsto para o mes de setembro. 

Dous dos buques programados para esta tempada realizarán a súa primeira escala en Vilagarcía, mentres que os cinco restantes xa visitaron o noso porto en ocasións anteriores. O presidente da Autoridade Portuaria destacou que “o feito de que varios dos buques que teñen escala programada en Vilagarcía xa recalasen no noso porto previamente nos últimos anos supón unha satisfacción, xa que demostra que Vilagarcía e os atractivos turísticos accesibles desde o noso porto teñen capacidade para atraer e reter turismo de cruceiros. Como saben –engadiu Cores Tourís-, o noso interese neste sector céntrase nos buques de pequeno e mediano tamaño, que se asocian a unha experiencia máis exclusiva, individualizada e non masificada”.  

Por outra banda, os membros do órgano de goberno da Autoridade Portuaria deron a súa visto e prace ao novo prego de prescricións particulares polo que se rexerá o servizo portuario de amarre e desamarre de embarcacións no porto de Vilagarcía. 

Porto de Vilagarcía, 6 de marzo de 2023.

El crucero, atracado en el muelle de Ferrazo Norte

O porto recibe ao Hebridean Sky, primeiro cruceiro da tempada

A pasaxe está composta por aproximadamente cen persoas, na súa práctica totalidade de nacionalidade británica

Os tráficos do porto de Vilagarcía remontan en marzo

O presidente informou na sesión do Consello de Administración celebrada o 18 de abril do balance de tráficos do primeiro trimestre, así como das previsión para a tempada de cruceiros

O porto de Vilaxoán acolle este domingo a décimo sexta edición da bandeira de bateis Porto de Vilagarcía

A proba, na que participarán uns 500 deportistas, foi presentada esta mañá nas instalacións da Autoridade Portuaria de Vilagarcía