A Autoridade Portuaria potencia a súa xestión comercial para a captación de cruceiros de pequeno e mediano tamaño
A Autoridade Portuaria de Vilagarcía puxo en marcha unha estratexia orientada á captación de cruceiros de pequeno e mediano tamaño, que poidan facer escala en Vilagarcía.
A Autoridade Portuaria de Vilagarcía puxo en marcha unha estratexia orientada á captación de cruceiros de pequeno e mediano tamaño, que poidan facer escala en Vilagarcía e utilizar o porto como punto de partida para que os cruceiristas coñezan tanto o municipio de Vilagarcía como o resto de localidades do Salnés e Santiago de Compostela.
No marco desta iniciativa, a Autoridade Portuaria está a traballar nun anteproxecto para a creación dunha área de recepción e benvida aos cruceiristas, para a cal se valoran dúas posibles localizacións. Neste enclave tería cabida un espazo para a degustación de produtos gastronómicos do mar e da terra, así como unha área interpretativa con información orientada á posta en valor dos recursos turísticos e patrimoniais da contorna.
A promoción do porto no ámbito turístico, de maneira que as súas infraestruturas poidan contribuír a unha maior afluencia de visitantes á comarca, require non só a implicación da Autoridade Portuaria senón tamén de empresas do sector turístico. Por iso, mantivéronse varias reunións con compañías con experiencia neste ámbito para planificar de maneira conxunta e coordinada as actuacións para desenvolver.
“A nosa intención –apunta o presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís- é posicionarnos como un destino alternativo a outros xa consolidados na nosa contorna, non masificado e que dá a benvida a todos os turistas. Contamos con grandes atractivos a unha distancia moi corta de Vilagarcía, e con excelentes comunicacións, e o noso porto está perfectamente preparado para acoller escalas de barcos de pequeno e mediano tamaño, que son os que queremos atraer”.
O presidente destacou que este tipo de embarcacións son as elixidas normalmente por pasaxeiros cun elevado nivel adquisitivo para a realización de cruceiros, que poden atopar en Vilagarcía e a súa contorna unha oferta moi completa e diversa, coa gastronomía, a historia, a cultura, a paisaxe e por suposto, a vinculación con Santiago de Compostela, como grandes atractivos.
Autoridade Portuaria e Concello traballarán conxuntamente para a posta en valor do Peirao de Pasaxeiros
A Autoridade Portuaria e o Concello de Vilagarcía celebraron unha reunión na que se abordaron iniciativas de interese para a cidadanía, como é a potenciación do Peirao de Pasaxeiros e o antigo Club de Mar como referentes do turismo náutico.
Boluda e Aceites Abril reforzan a súa aposta polo porto de Vilagarcía coa ampliación da superficie das súas respectivas concesións
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía celebrou o día 31 de xullo unha sesión ordinaria na que se deu luz verde a dous proxectos para a ampliación de concesións portuarias.
Pagination
- Previous page
- Page 35
- Páxina Seguinte
