O Consello de Administración formaliza a adxudicación a Vilor Infraestructuras da terceira fase da obra do ferrocarril a Ferrazo

O Consello de Administración formaliza a adxudicación a Vilor Infraestructuras da terceira fase da obra do ferrocarril a Ferrazo

O porto establece en febreiro un novo récord mensual de tráfico portuario, con case 158.000 toneladas

Sesión Consejo de febrero de 2025

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, reunido o 27 de febreiro en sesión ordinaria, formalizou a adxudicación á empresa Vilor Infraestruturas S.L. da obra ferrocarril a Ferrazo fase 3, por un importe de 1.346.375,  ive non incluído. O pasado mes o Consello xa aceptara a proposta de adxudicación destes traballos á mencionada empresa realizada pola mesa de contratación, dando un prazo para a presentación de documentación requirida para a formalización do contrato, de acordo con o previsto no prego de cláusulas desta licitación. Unha vez recibida e comprobada esta documentación, produciuse  a adxudicación por parte do Consello de Administración. 

As obras, que contan con financiamento con cargo aos fondos MRR, permitirán habilitar un acceso ferroviario ao peirao de Ferrazo alternativo ao actualmente existente, evitando a ocupación do peirao de Comboa nas operativas do paso do tren cara a Ferrazo. A actuación busca a potenciación da intermodalidad marítimo-portuaria, un obxectivo ligado á promoción dunha mobilidade sostible, segura e conectada. 

Por outra banda, o presidente tamén presentou no seu informe un balance de tráficos dos dous primeiros meses do ano. Con datos aínda provisionais, neste mes de febreiro alcanzamos as 157.882 toneladas de mercadoría, fronte ás 99.092 do mesmo mes do pasado exercicio. Con esta cifra, o porto establece un novo máximo mensual de tráficos portuarios, sendo especialmente reseñable que este feito se produce no mes máis curto do ano. O anterior récord mensual de movemento de mercadorías estableceuse en abril de 2023, con 157.701 toneladas. 

No acumulado de xaneiro e febreiro, moveuse polos peiraos arousáns un 24,5% máis de mercadoría que no mesmo período de 2024. O total de mercadorías acumulado nestes dous meses ascende a 247.158 t.segundo os datos provisionais da Autoridade Portuaria, mentres que no mesmo período de 2024 esta cifra quedaba por baixo das 200.000 t. 

Os tráficos subiron de maneira moi destacada na categoría de graneis líquidos, e tamén notablemente na de graneis sólidos, onde todos os produtos melloran os seus rexistros de 2024. No apartado de mercadoría xeral os dous primeiros meses do ano péchanse sen apenas variacións con relación ao mesmo período do pasado ano Globalmente considerados, os produtos encadrados nesta categoría seguen representando máis do 50% de toda a mercadoría cargada ou descargada nos peiraos arousáns. 

Porto de Vilagarcía, 27 de febreiro de 2025.

El remolcador Doctor Pintado

Alleamento mediante pública poxa do buque Doutor Pintado

Resolución do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa de 31 de xullo de 2025, pola que se acordou declarar abandonado un buque tipo remolcador con nome Doctor Pintado

Consejo de Administración de julio de 2025

A Autoridade Portuaria adxudica a COVSA a obra de pavimentación no peirao de Ferrazo Norte

A actuación dotará á zona dunhas condicións idóneas para as operativas portuarias que teñen lugar nesa área

Portacontenedores trabajando en la terminal de Vilagarcía

A terminal de contedores de Boluda no porto de Vilagarcía experimenta o mellor xuño da súa historia por número de TEUS movidos

No acumulado do primeiro semestre do ano mellóranse as cifras tanto en TEUS (+2,6%) como en toneladas (+5,4%) con respecto ao pasado exercicio.