Liñas Regulares

Liñas Regulares

O transporte de mercadoría contenerizada por vía marítima do Porto de Vilagarcía focalízase no roteiro atlántico que une Vilagarcía coa cornixa cantábrica, Portugal e as Illas Canarias. Esta liña de contedores ofrece aos seus clientes dúas frecuencias semanais para o traslado dos seus produtos.

O titular da concesión da Terminal de contedores é a empresa Boluda Maritime Terminals, que desenvolve a súa actividade nos terreos creados tras a ampliación do peirao de Ferrazo.

A liña utilizada polo Porto de Vilagarcía conecta directamente a importantes portos nacionais tanto peninsulares como no arquipélago canario, entre os que destacan Bilbao, Santander, Vilagarcía de Arousa, Leixoes, Setúbal, Las Palmas de Gran Canaria e Santa Cruz de Tenerife. O deseño deste roteiro permite aos seus usuarios dispoñer dun completo abanico de posibilidades á hora de transportar as súas mercadorías cara a múltiples destinos en todo o mundo.

O Porto de Vilagarcía conta coa posibilidade do transporte intermodal ferroviario/marítimo, un roteiro que xa foi utilizada con moi bos resultados.

 

Outras líñas regulares

Tamén teñen a consideración de liñas regulares e servizo marítimo de curta distancia os seguintes servizos:

  • Taboleiro, que realizan buques da navieira Wave Shipping SL entre os portos de Vissingen (Holanda) / Drogheda (Irlanda) / Birkenhead (Reino Unido) / Ellesmere (Reino Unido) con Vilagarcía, con periodicidade quincenal.
  • Aluminio, con servizos quincenais entre os portos de Sunndalsora (Noruega) / Karmoy (Noruega) / Rotterdam (Países Baixos) e Vilagarcía, realizada por buques da navieira Amasus Shipping SL.