Axudas á Navegación

Axudas á Navegación

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía ten baixo a súa competencia a xestión da infraestrutura de axuda á navegación nas rías de Arousa e de Muros-Noia. O accidentado do litoral sobre o que se estende a competencia do porto arousán explica o elevado número de axudas necesarias para garantir a seguridade na navegación.

Plano de balizamento

Relación de Faros e Balizas

Ademais destas axudas á navegación, nas citadas rías existen outros sinais marítimos dependentes de Portos de Galicia, principalmente para a sinalización de polígonos de bateas e peiraos de titularidade autonómica.
 

Usos complementarios

O Puerto de Vilagarcía traballa para a modernización e posta en valor deste equipamento, ademais de posibilitar a apertura a usos complementarios daqueles espazos dos faros que non son necesarios para a súa función principal como sinal marítimo. Dous dos faros xestionados polo porto arousán acollen na actualidade usos complementarios: o de punta Cabalo, en Illa de Arousa, alberga un establecemento de restauración, mentres que no de Punta Insua (Lariño, Carnota) abriu as súas portas no verán de 2021 un hotel con nove habitacións e un espazo gastronómico nunha antiga construción auxiliar ao faro. 

Con este tipo de iniciativas, perséguese que os espazos complementarios do faro –é dicir, aqueles que non son estritamente necesarios para a súa función como axuda á navegación- poidan actuar como elemento dinamizador, desde o punto de vista turístico, da súa contorna, axudando á divulgación dos valores arquitectónicos, históricos e paisaxísticos da propia construción e do espazo natural no que se sitúa, e servindo como polo de atracción ao redor do cal pode articularse unha oferta de lecer e turismo novidosa, sostible e con características singulares.