A Autoridade Portuaria saca a licitación a elaboración do seu plan estratétxico para eoperiodo 2027-2037

A Autoridade Portuaria saca a licitación a elaboración do seu plan estratétxico para eoperiodo 2027-2037

O servizo contratado abarcará desde a fase inicial de planificación e organización dos traballos, ata a aceptación por parte da Autoridade Portuaria de Vilagarcía dos estudos e entregables esixidos no contrato.

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía acaba de sacar a licitación a elaboración do seu Plan Estratéxico para o período 2027-2037. O alcance desta asistencia técnica é a investigación, estudo, formulación e redacción da estratexia de futuro a seguir pola Autoridade Portuaria de Vilagarcía. Esta estratexia sentará as bases da planificación da Autoridade Portuaria desde os puntos de vista de gobernanza, negocio, contorna física, política comercial, económica-financeira, organizativa, de relación co tecido empresarial, sociedade, medioambiental, sustentabilidade, tecnolóxico e de mobilidade, así como de calquera outro aspecto que puidese derivarse da análise realizada.

O documento definirá unha revisión da súa misión, visión, valores, factores clave de éxito, principais eixos estratéxicos, obxectivos estratéxicos a alcanzar, proxectos estratéxicos a desenvolver e os plans de acción necesarios para o despregamento estratéxico e o seu control de execución..

O servizo contratado abarcará desde a fase inicial de planificación e organización dos traballos, ata a aceptación por parte da Autoridade Portuaria de Vilagarcía dos estudos e entregables esixidos no contrato.

Co novo Plan Estratéxico a Autoridade Portuaria poderá contar cun instrumento actualizado e de planificación eficaz, que lle permita afrontar con éxito os novos desafíos e desenvolver correctas políticas portuarias, de investimentos, comerciais, de organización, servizos e de recursos humanos, mediante a orientación das súas actividades empresariais cara ao desenvolvemento dunha cultura de xestión enfocada ao negocio e á satisfacción do cliente. O documento incluirá propostas estratéxicas para o Porto desde o punto de vista comercial, loxístico, industrial, turístico e de uso cidadán. Considerarase e aplicará o modelo de desenvolvemento estratéxico do Marco Estratéxico dos Portos de Interese Xeral. 

O orzamento basee de licitación é de 120.000 euros e as empresas interesadas teñen de prazo ata o 10 de outubro para a presentación das súas propostas. Unha vez adxudicados os traballos, a empresa adxudicataria dispoñerá dun prazo de 9 meses para a redacción do Plan e a documentación anexa requirida no prego de prescricións técnicas. 

Porto de Vilagarcía, 28 de setembro de 2026.
 

Dársena 2 del puerto de Vilagarcía

Un total de 20 embarcacións arribarán mañá a Vilagarcía, último porto do “ Caminho marítimo de Santiago en Portugal”

A carabela Vera Cruz, recreación dun buque dos séculos XV- XVI, poderá visitarse sábado pola tarde e domingo pola mañá no peirao pantalán da dársena 2

Vista parcial del puerto de Vilagarcía

A Autoridade Portuaria aproba un convenio coa Garda Civil para poñer á súa disposición unha nova sede dentro do Porto

O presidente presentou o balance de tráficos ata marzo e anunciou o comezo da tempada de cruceiros, este mesmo domingo

Presidente de la Autoridad Portuaria y alcalde charlan ante el edificio de la antigua Comandancia

A desafectación da parcela da antiga Comandancia formalízase en tempo récord

Os terreos serán adquiridos polo Concello de Vilagarcía para a súa cesión á Consellería de Sanidade con destino á creación dun centro de saúde