O porto destina 1,4 millóns de euros á pavimentación do peirao do Ramal para mellorar a súa operatividade e seguridade
O Consello aprobou na súa sesión de hoxe o expediente de contratación e apertura del procedemento de adxudicación desta obra. Tamén se deu conta do balance provisional de tráficos do primeiro trimestre
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, reunido esta mañá en sesión ordinaria, aprobou o expediente de contratación e apertura do procedemento de adxudicación dunha obra de pavimentación no peirao do Ramal. O orzamento basee de licitación é de 1.482.530,97 € (iva incluído) e o prazo de execución, dez meses.
Con esta actuación, preténdese adecuar e renovar o pavimento do peirao incorporando áreas de tráfico seguro para peóns, vehículos e embarcacións. A superficie total a pavimentar ascende a 11.650 m², e o material utilizado será o formigón. A nova pavimentación permitirá o uso mixto eficiente e seguro do peirao, con zonas de carga/descarga, almacenamento temporal, circulación de maquinaria, tránsito peonil e vehicular de pasaxeiros, etc. A finalidade desta actuación é optimizar as condicións de operatividade e a seguridade nesta área portuaria, adecuándoa tanto aos seus usos actuais como futuros.
Por outra banda, o presidente trasladou aos membros do Consello un adianto do balance de tráficos a peche do primeiro trimestre do ano. A falta duns días para terminar o mes, o incremento de tráficos portuarios con relación ao mesmo período do pasado ano supera o 9%, cun tráfico total de 389.236 toneladas, fronte ás 356.649 toneladas do mesmo período do pasado ano.
Por categorías, incrementouse sobre todo o movemento de mercancía xeral, cunha subida porcentual do 16,6%. O total de toneladas movidas nesta categoría foi de 227.729, 32.000 toneladas máis que nos tres primeiros meses do pasado ano. Destacan os positivos datos do movemento de mercancía contenerizada: no balance provisional contabilízanse un total de 8.988 TEUs, o que supón un incremento porcentual do 15,2% con respecto a 2025. Tamén a liña ro-ro que une Vilagarcía con Róterdam contribúe a este dato tan positivo, xa que achega máis de 92.500 toneladas a esta estatística.
Os graneis sólidos tamén van pechar este primeiro trimestre do ano en positivo, cun incremento porcentual das 6% grazas sobre todo ao cereal, que duplicou os seus tráficos con relación ao mesmo período de 2025. Das 98.193 toneladas movidas nesta categoría, case 51.000 corresponden ao tráfico de cereais. Pola contra, os graneis líquidos terminan o trimestre por baixo dos seus resultados do pasado ano (-7,8%), achegando un total de 63.314 toneladas a este balance provisional de tráficos portuarios.
Porto de Vilagarcía, 27 de marzo de 2026.
A Autoridade Portuaria de Vilagarcía certifica a compensación total da súa pegada de carbono, logrando a neutralidade climática
A Autoridade Portuaria de Vilagarcía acaba de obter o certificado que acredita a compensación total das súas emisións directas como organización, conseguindo así a Pegada Cero Emisións.
Os tráficos do porto de Vilagarcía increméntanse un 32% en febreiro e o acumulado do ano alcanza as 210.000 toneladas
O porto de Vilagarcía experimentou un notable incremento dos seus tráficos no mes de febreiro, cunha subida do 32% con relación ao mesmo mes do ano anterior.
O Porto avanza no seu compromiso coa calidade, a seguridade e a sustentabilidade coa renovación das súas certificacións ISO
A Autoridade Portuaria de Vilagarcía renovou as súas certificacións ISO 9001 e ISO 14001, e conseguiu a nova ISO 45001, así como a verificación do seu inventario de emisións de pegada de carbono.
Pagination
- Previous page
- Page 30
- Páxina Seguinte
