O Porto de Vilagarcía recibe por primeira vez na súa historia un cruceiro con máis de mil pasaxeiros a bordo
O "Marina", que xa recalou no porto arousán o pasado ano, repite visita. O buque da naviera Oceania Cruises realizará unha escala de 10 horas de duración
El Puerto de Vilagarcía recibe hoxe domingo, día 9 de outubro, a escala do buque “Marina”, o primeiro dos dous cruceiros programados para este mes. A bordo do buque viaxan un total de 1.075 pasaxeiros, o que fai do “Marina” o crucero con maior número de pasaxeiro que teña feito escala neste porto.
A chegada do “Marina” ao porto arousán produciuse minutos antes das dez da mañá, e a súa saída está programada para ás oito da tarde. O “Marina” é un buque de bandeira das Illas Marshall, con 239 metros de eslora, pertencente á navieira Oceania Cruises. Arribou a Vilagarcía procedente de Xixón e a súa seguinte parada será no porto de Leixoes. A súa escala en Vilagarcía está consignada por P&J Carrasco. O seu peirao de atracada é Ferrazo Norte.
Como é habitual en todas as escalas de cruceiros, a Autoridade Portuaria instalou ao pé de peirao un punto de atención ao visitante e ofrecerá un servizo lanzadeira gratuíto para facilitar o desprazamento entre o peirao de atracada e o centro urbano.
A deste domingo é a segunda visita do “Marina” a Vilagarcía, tras a protagonizada en outubro de 2021, nunha dobre escala xunto con outro cruceiro –o “Bolette”- que supuxo a reactivación deste tipo de tráfico no porto de Vilagarcía tras o parón motivado pola pandemia.
Porto de Vilagarcía, 7 de outubro de 2022
A asociación de traballadores da Autoridade Portuaria “Crucelas” organiza diversos actos con motivo da festividade do Carmen
Haberá dos días de actividades, abiertas al público general y gratuitas
A Autoridade Portuaria aproba sacar a licitación unha obra de pavimentación no peirao de Ferrazo Norte
Os traballos teñen un orzamento de case 718.000 euros
O porto recibe por vez primera ao “World Voyager”
Por tratarse da súa primeira escala en Vilagarcía, realizouse un intercambio de metopas entre o capitán e o presidente da Autoridade Portuaria
Pagination
- Previous page
- Page 5
- Páxina Seguinte
