A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visita a Autoridade Portuaria de Vilagarcía
O encontro enmárcase na rolda de reunións que a titular da carteira de Mar está a realizar cos máximos responsables das diferentes Autoridades Portuarias
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, realizou hoxe a súa primeira visita institucional á Autoridade Portuaria de Vilagarcía, dentro da rolda de reunións que está a manter cos máximos responsables das autoridades portuarias da nosa comunidade. Villaverde destacou a importancia deste tipo de encontros, xa que serven para consolidar as liñas de traballo existentes e explorar novos horizontes que repercutan no desenvolvemento e a competitividade das infraestruturas portuarias.
Neste sentido, a conselleira valorou positivamente os proxectos que o organismo presidido por José Manuel Cores Tourís ten en marcha, como o desenvolvemento da terceira fase do proxecto Ferrocarril Ferrazo, que optimiza a intermodalidad marítimo-portuaria; a pavimentación no peirao de Ferrazo norte; a redacción do proxecto do novo pantalán da dársena 1; ou a entrada en funcionamento da liña regular ro-ro, que conecta o porto arousán con Róterdam, entre outros.
En canto á actividade do porto arousán, destaca o seu positivo balance de tráficos a peche do terceiro trimestre do ano, cun incremento porcentual do 8,4% e subidas importantes nas categorías de graneis líquidos e de mercadoría xeral, onde sobresae tanto o incremento da mercadoría contenerizada como a notable achega dos tráficos ro-ro, unha recente incorporación aos servizos que se prestan desde o porto de Vilagarcía. A reunión serviu tamén para analizar posibles vías de colaboración co fin de impulsar a actividade pesqueira da comunidade, xa que a Xunta, a través de Portos de Galicia, xestiona 122 dos 128 peiraos existentes no litoral galego; unha rede das máis extensas de España.
O porto de Vilagarcía supera xa os seus tráficos de 2024 a falta dun mes para pechar o ano
Todo apunta a que se conseguirá pasar novamente a cifra de 1,5 millóns de toneladas de mercadoría á conclusión do exercicio
O porto de Vilagarcía recibe hoxe a escala do cruceiro “Amadea”
O buque, con 461 pasaxeiros a bordo, arribou a Vilagarcía ás 13.00 horas e a súa saída está prevista para as 20.00 horas
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visita a Autoridade Portuaria de Vilagarcía
O encontro enmárcase na rolda de reunións que a titular da carteira de Mar está a realizar cos máximos responsables das diferentes Autoridades Portuarias
Pagination
- Page 1
- Páxina Seguinte
