A Autoridade Portuaria formaliza a venda da parcela da Comandancia ao Concello e aproba a firma dun convenio con Turismo de Galicia

A Autoridade Portuaria formaliza a venda da parcela da Comandancia ao Concello e aproba a firma dun convenio con Turismo de Galicia

O órgano de goberno da Autoridade Portuaria tamén aprobou o Plan de Empresa 2023

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, reunido esta mañá na última sesión do ano, aprobou á firma dun convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa para a execución da mellora do faro de Sálvora no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

O convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, co fin de realizar unha serie de actuacións destinadas a dar ao Faro de Sálvora duns usos complementarios ao propio de sinal marítimo, para adecualo aos cambios tecnolóxicos e operativos nos sinais marítimos e emendar a deterioración material polo paso do tempo. Os usos complementarios estarían enfocados á divulgación científica, ao estudo do medio, posta en valor turístico do edificio e á apertura do mesmo ao visitante. 

Esta actuación alíñase co Plan Xacobeo Next Generation. Posta en valor dos BICs do Camiño de santiago que, entre outros ámbitos, aborda a conservación de bens de interese cultural e a fin de que poidan seguir sendo gozados polas xeracións futuras. Dentro deste Plan inclúese o proxecto para a rexeneración ambiental e posta en valor da contorna do faro da illa de Sálvora. 

As actuacións previstas no convenio non xerarán gastos nin darán lugar a contraprestación económica algunha por parte da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa. 

O investimento total a realizar pola administración autonómica neste proxecto ascende a 1,4 millóns de euros, distribuídos en dúas anualidades: 800.000 euros en 2023 e 600.000 euros en 2024. 

Por outra banda, o Consello de Administración da Autoridade Portuaria tamén aprobou allear ao Concello de Vilagarcía a parcela da antiga Comandancia de Mariña polo importe de 1.157.406,76 €. Desta maneira, terminan os trámites iniciados en outubro de 2021 coa declaración da innecesariedade da parcela por parte do Consello de Administración da Autoridade Portuaria, á que seguiu a desafectación dos terreos por Orde da Ministra de Transporte, Movilidad e Axenda Urbana de data do 4 de abril de 2022; a incoación do procedemento de alleamento directo ao Concello de Vilagarcía desta parcela, acordada en xuño polo Consello de Administración do porto; e a emisión de informes por parte tanto da Dirección Xeral o Patrimonio do Estado como da Intervención Xeral da Administración do Estado. 

Con todo o procedemento administrativo completado, queda pendente a firma da venda mediante escritura pública, que se formalizará esta mesma semana. 

O Consello de Administración aprobou tamén o Plan de Empresa para o 2023, que inclúe os principais investimentos da Autoridade Portuaria de Vilagarcía para os próximos exercicios. Entre as actuacións proxectadas inclúese a dragaxe da canle de entrada, a acometer en dúas fases: unha primeira que se proxecta entre 2023 e 2024, e unha segunda correspondente aos exercicios de 2025 e 2026. O orzamento global desta actuación ascende a case 6,8 millóns de euros. 

Para o ano 2023 tamén está proxectada a obra do Ferrocarril a Ferrazo, fase 3, que contará con financiamento dos fondos MMR e á que se destinan case 1,4 millóns de euros. O proxecto de orzamentos inclúe igualmente actuacións en materia de seguridade e protección; sustentabilidade ambiental e enerxía; dixitalización e innovación; accesibilidade universal, e porto-cidade. 

Finalmente, aprobouse o nomeamento de Covadonga Salgado Blanco como vicepresidenta do Consello de Administración da Autoridade Portuaria. 

Porto de Vilagarcía, 28 de decembro de 2022 

 

O Porto dá o seu visto e prace ao proxecto de Turismo de Galicia para a execución da mellora do Faro de Sálvora

Aprobouse tamén un proxecto para mellora das naves do Ramal que ten en concesión a Organización Empresarial Parquistas de Carril

O Porto recibe a visita de xubilados e de alumnos do ciclo de Transporte e Loxística, e do ciclo superior de Xestión de Vendas

As visitas permiten aos participantes coñecer o funcionamento do porto mediante unha presentación e un percorrido en autocar polo recinto portuario

O Porto bate o seu récord de tráficos a peche do terceiro trimestre do ano, con máis de 1,1 millóns de toneladas

Mellóranse nun 0,5% os resultados do mesmo periodo do pasado exercicio