O Porto de Vilagarcía supera a peche de agosto o millón de toneladas de tráficos e crece un 9,5% con relación ao ano 2021

O Porto de Vilagarcía supera a peche de agosto o millón de toneladas de tráficos e crece un 9,5% con relación ao ano 2021

O movemento de mercadorías en agosto roza as 124.000 toneladas. A mercadoría xeral supuxo case o 52% de todos os tráficos portuarios.

O Porto de Vilagarcía continúa na senda de crecemento de tráficos portuarios, e pecha o oitavo mes do ano cun incremento porcentual acumulado do 9,5% con relación ao período xaneiro-agosto de 2021. Grazas a iso, o porto arousán supera o millón de toneladas movidas nos oito primeiros meses do ano. Concretamente, o tráfico portuario ascende a 1.057.995 toneladas, segundo datos provisionais da Autoridade Portuaria.

É a primeira vez na historia que o porto arousán consegue superar a cifra do millón de toneladas a peche do segundo cuadrimestre do ano. O pasado ano, que concluíu con récord histórico de tráficos no porto de Vilagarcía, movéronse a estas alturas do exercicio unhas 92.000 toneladas menos que neste 2022 (965.646 toneladas de tráfico portuario acumulado entre xaneiro e en agosto de 2021 fronte ás xa mencionadas 1.057.995 toneladas do mesmo período deste ano).

Por categorías, a mercadoría xeral representa aproximadamente o 52% de todo o tráfico portuario, alcanzando a cifra de 551.191 toneladas no acumulado a peche de agosto. Cabe apuntar o positivo comportamento dos contedores, cuxo movemento se incrementa un 3% en número de TEUS, sendo o total neste apartado de case 23.000 TEUs movidos desde comezo do exercicio. O aluminio continúa a positiva evolución que vén caracterizando todo o ano, mentres que o taboleiro sitúase lixeiramente por baixo dos seus rexistros en comparación co mesmo período do pasado ano. Porcentualmente, o incremento no movemento de mercadoría xeral con relación aos oito primeiros meses de 2021 foi do 4,2%. En canto aos graneis, tanto os sólidos como os líquidos melloran tamén os seus rexistros do período xaneiro-agosto de 2021 e superan conxuntamente o medio millón de toneladas movidas.

O presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, destaca o excelente labor desenvolvido por toda a comunidade portuaria arousá, clave para que o porto pechase o terceiro mellor peche de agosto, en canto a tráficos mensuais, das dúas últimas décadas. O mes que acaba de concluír terminou con 123.961 toneladas de mercadoría, das cales corresponderon a graneis líquidos 17.646 toneladas, a graneis sólidos, 57.509 toneladas e finalmente á mercadoría xeral, 48.806 toneladas.

Estas cantidades, sumadas ás cifras de xuño (mes que se pechou con récord mensual de movemento de mercadorías) e xullo (no que se bateu o récord establecido o mes inmediatamente anterior, superándose as 155.000 toneladas de mercadoría movidas no mes) fixeron posible este destacado incremento porcentual no acumulado dos oito primeiros meses do ano.

Porto de Vilagarcía, 1 de setembro de 2022 

Operativas en el muelle Comercial

O Porto de Vilagarcía pecha o mellor exercicio da súa historia e fixa un record de tráfico portuario ao mover 1.552.474 toneladas en 2023

Na comparación con 2022, o peche de 2023 amosa un aumento en total de tráfico portuario de aproximadamente 55.000 toneladas, o que equivale a un incremento porcentual do 3,6%. 

Vista del muelle Comercial desde O Centenario

O Porto supera os 1,5 millóns de toneladas e pechará o  ano cun novo récord de tráficos portuarios

Os bos resultados de decembro permitirán mellorar os registros de 2022

O Porto dá o seu visto e prace ao proxecto de Turismo de Galicia para a execución da mellora do Faro de Sálvora

Aprobouse tamén un proxecto para mellora das naves do Ramal que ten en concesión a Organización Empresarial Parquistas de Carril